INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
Resolto o contrato de execución das obras da nova sede dos bombeiros
A Xunta de Goberno acordou resolver por causa imputable ao contratista o contrato de elaboración do proxecto básico e de execución e da dirección da obra da nova sede de bombeiros.
MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente participa nunha plantación de arbores no Monte Pedroso realizada por alumnos de Secundaria
O martes 22, a Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel co-organiza unha plantación de árbores con motivo o Día da Terra con alumnado do Colexio La Salle. A plantación realizase no marco do plan de restauración ambiental e acondicionamento do Pedroso que está realizando a Consellería de Medio Rural.
URBANISMO
Impulso ao centro de saúde da zona vella
O Goberno local ratificou o convenio entre o Concello e a USC polo que se obtén unha parcela en Galeras destinado a un centro de saúde para a zona vella. O acordo tamén contempla a cesión á USC de terreos situados ao oeste da estrada de San Lourenzo, para os edificios docentes e investigadores.
INFRAESTRUTURAS
Obras en diversos vieiros por máis de 700.000 euros
O Goberno municipal acordou iniciar os expedientes de contratación de ata seis obras de mellora noutros tantos vieiros do municipio. Esta actuacións, incluídas no Plan de Obras da Deputación da Coruña, supoñen un investimento de 700.690 euros.
ALCALDÍA
Chega dende Cuba a mostra "Sorolla e os seus contemporáneos"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a exposición "Sorolla e os seus contemporáneos". A mostra estará na sede da Fundación Caixa Galicia ata o 6 de xullo.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu ao ministro de Transportes de Uruguai
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao ministro de Transportes e Obras Públicas de Uruguai, Víctor Rossi.
ALCALDÍA
O Foro polo Civismo nace para implicar á cidadanía nas regras de convivencia no espazo público
Nun acto celebrado no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a constitución do Foro polo Civismo de Santiago de Compostela. Este órgano, creado a instancias do Goberno Municipal, nace para artellar alternativas e solucións a problemas coma o botellón, a convivencia da movida nocturna co descanso, os hábitos de consumo dos mozos e mozas, as posibles eivas na educación cívica ou a necesidade de concienciación de parte da xuventude nas prácticas medioambientais...
COMERCIO
Compostela Outlet disporá dunha área infantil de case 250 metros cadrados
Compostela Outlet 2008 disporá dunha área infantil de case 250 metros cadrados para que os pais e nais poidan mercar con tranquilidade mentras os menores xogan e se divirten. Esta é a segunda feira de saldos que se celebra en Santiago, e terá lugar o 26 e 27 de abril, no recinto feiral de Amio.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Compostela únese un ano máis ao Correlingua
Santiago albergará o 12 de maio unha das 13 carreiras da edición 2008 do Correlingua, unha actividade que se celebra de xeito regular desde o 2000. Baixo o lema "En galego cabe todo", nas carreiras deste ano está prevista a participación de 40.000 rapaces e rapazas de toda Galicia.
URBANISMO
A Unión Europea elixe a Santiago para liderar o proxecto de vivenda social do programa URBACT
A cidade de Santiago foi escollida pola Unión Europea para liderar o proxecto SUITE The Housing Project "A vivenda: un factor para a inclusión social e urbana e para a calidade de vida nas cidades". A candidatura compostelá foi seleccionada entre máis de 60 e supón un recoñecemento a nivel internacional da xestión urbanística levada a cabo polo Concello, en especial nos últimos oito anos.