PARQUES E XARDÍNS
As concesións das hortas urbanas de Fontiñas sairán a concurso en setembro
A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, vén de sinalar que as hortas urbanas situadas no polígono 4 de Fontiñas sairán a concurso no mes de setembro. Deste xeito, cada unha das parcelas, que terá unha extensión media de 40 metros cadrados, poderá comezar a ser usada para os tipos de cultivo propios da tempada de outono.
ALCALDÍA
O colexio maior máis antigo de España realiza o Camiño de Santiago por quinta vez
A alcaldesa en funcións, Reyes Leis, e as concelleiras María Castelao e Rebeca Domínguez recibiron un grupo de universitarios residentes no Real Colexio Maior de San Bartolomé e Santiago, da Universidade de Granada, acompañados dalgúns familiares e de persoal desta entidade.
TURISMO
Turismo de Santiago edita un folleto cunha "Ruta Monumental de Santiago"
Turismo de Santiago ven de editar o novo folleto "Ruta Monumental de Santiago", unha publicación pensada para que os turistas poidan coñecer os puntos de maior interese do Casco Histórico. A nova publicación foi presentada en rolda de prensa pola concelleira de Turismo, Reyes Leis.
EDUCACIÓN
Máis de 500 nenos e nenas participaron nas visitas didácticas á exposición "Inventos xeniais. Heroes ocultos. Obxectos cotiáns"
Máis de 500 nenos e nenas da Escola Municipal de Verán de Inglés, Escolas Municipais de Verán, Asociación Sarela, usuarios do Hospital de Día de Conxo ou Asociación Aspanaes, entre outros, participaron no programa de visitas didácticas arredor da exposición
XUNTA DE GOBERNO
Investimento de máis de 1,5 millóns de euros para mellorar a mobilidade en Vista Alegre
A alcaldesa en funcións, Reyes Leis, deu conta da sinatura das dúas primeiras actas en virtude das cales as comunidades de propietarios do barrio de Vista Alegre ceden ao Concello o espazo onde se sitúan as terrazas, co fin de acondicionalo e facelo máis accesible. Deste xeito, poderá acometerse o proxecto de mellora da mobilidade en dúas zonas deste barrio. A intervención, que contará cun orzamento de máis de 1,5 millóns de euros, está incluída na iniciativa Urbana Santiago Norte.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela e A Coruña, unidas pola rede de aulas CeMIT
A alcaldesa en funcións, Reyes Leis, participou a través de videoconferencia na apertura do Centro para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) da Coruña. Santiago conta cunha destas aulas no edificio CERSIA.
CULTURA
O Festival Internacional de Percusión leva a música ás rúas e prazas do Casco Histórico
Música nas rúas de Compostela durante esta primeira fin de semana do mes de agosto, a cargo do Festival Internacional de Percusión (FIP), nado a partir da VI edición do Curso Internacional de Percusión Merza 2011 realizado en Galicia e organizado polo Nuevo Contemporáneo de Zaragoza baixo a dirección de César Peris (director da cátedra de percusión no Conservatorio Superior de Música de Aragón) e polos galegos Odaiko Percussion Group.
BENESTAR SOCIAL
Trinta menores participaron nas clases de apoio do programa Alternativa Activa
O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-Servizos Sociais, en colaboración coa Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) levou a cabo durante o mes de xullo o programa Alternativa Activa, de apoio escolar no verán. Esta acción permitiu axudar as familias do municipio na educación dos seus fillos e fillas, reforzando os contidos traballados durante o curso escolar 2011-2012.
MOBILIDADE
Iníciase o prazo de recollida de tarxetas de aparcamento para os veciños de San Pedro
O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Albino Vázquez, anunciou que, dende o venres 3 de agosto, os veciños do barrio de San Pedro (zona 3) que dispoñan da tarxeta de estacionamento de residente de zona verde deberán pasar a recoller a nova tarxeta que substitúe á anterior. Neste barrio deberán cambiarse 1.180 tarxetas
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Máis de 1.800 participantes nas actividades do programa "Vive o verán"
Malia que aínda queda algunha actividade en agosto e setembro, o programa Vive o verán, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais, pechou o groso do seu calendario con 1.867 participantes nos meses de xuño e xullo. Nesta cifra inclúense tantos os participantes nas actividades periódicas e puntuais (1.691 entre ambos meses) e os rapaces e rapazas inscritos en xullo no programa de conciliación das Mañás de verán e de xogo, 176 en total.