BENESTAR SOCIAL
Mar Martín denuncia a "incerteza" que sementa a Xunta sobre o futuro das unidades de atención a drogodependentes
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, denunciou o "cambio nas regras do xogo" que pretende realizar a Consellería de Sanidade en relación ás unidades de atención a drogrodependentes. Así, lamentou a modificación do tipo de convenio polo que se financia a parte asistencial destas unidades, a minoración das subvencións e a intención do SERGAS de "deixar aos Concellos a responsabilidade destas unidades asistenciais, contrariamente ao fixado no Plan de Saúde Mental de Galicia".
SEGURIDADE CIDADÁ
A oficina de coordinación do Xacobeo atendeu 26.000 peregrinos en catro meses
A oficina específica habilitada polo Concello para coordinar todos aqueles aspectos da súa competencia neste Ano Santo atendeu 170 peregrinacións nos meses de marzo, abril, maio e no que vai de xuño. En total, prestaron atención a uns 26.000 peregrinos neste período.
DEPORTES
Sorteadas as 20 prazas do Concello para o Campamento Deportivo da Deputación
Vén de celebrarse o sorteo das 20 prazas que lle correspondían ao Concello de Santiago na quenda do Campamento Deportivo que a Deputación da Coruña realizará no Colexio Calvo Sotelo da Coruña do 25 ao 31 de xullo. Este sorteo foi necesario ao terse inscrito 36 nenos e nenas para o campamento.
CULTURA
Meredith Monk pecha no Auditorio a tempada 2009-2010 de Sons da Diversidade
A compositora, cantante, coreógrafa, autora de nova ópera e directora de películas e instalacións Meredith Monk actuará no Auditorio de Galicia co Vocal Ensemble Quartet, dentro do ciclo Sons da Diversidade, organizado pola Concellaría de Cultura. A cita será o sábado 19 de xuño ás 21:00 horas e ás entradas xa están á venda na billeteira electrónica de Caixa Galicia e no despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O prezo é de 15 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e...
ALCALDÍA
Santiago e Rennes reafirman os seus lazos nos ámbitos da educación e a cultura
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou na asemblea extraordinaria da Comisión do Arco Atlántico da Conferencia de Rexións Periférico-Marítimas e da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico, conmemorativas dos seus 20 e 10 anos, respectivamente, de cooperación no espazo atlántico, celebradas en Rennes. Aproveitando esta xornada de traballo, Sánchez Bugallo presidiu, xunto ao alcalde de Rennes, Daniel Delaveau, o acto de irmandamento entre as cidades de Rennes e Santiago de Compostela.
CONSORCIO
Aberto o prazo de inscrición do II Concurso "Canteiros no Obradoiro"
O Consorcio de Santiago e a Fundación Laboral da Construción convocan unha nova edición do Concurso Canteiros no Obradoiro, que premia aos mellores canteiros de lousados. Trátase dunha iniciativa vinculada ao programa A pedra que pisas, de mantemento de lousados históricos de Santiago
URBANISMO
A Comisión de Urbanismo dá o visto bo ao Plan parcial do SUNP-8 do Sarela
Nesta sesión presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, ditaminouse favorablemente a aprobación definitiva do Plan parcial de ordenación do SUNP-8 do Sarela, que será levada ao Pleno ordinario do mes de xuño.
EDUCACIÓN
Xubi guiará os escolares no descubrimento dos valores do Camiño de Santiago
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, participou no acto de presentación da mascota oficial da peregrinación a Santiago, Xubi, aos pequenos do CEIP Raíña Fabiola.
EMPREGO
Os Cursos de Formación para o Emprego de Promoción Económica forman a 45 persoas
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, asistiu á apertura dos tres Cursos de Formación para o Emprego que lle concedeu a Consellería de Traballo ao Concello de Santiago para 2010. Son Electricista de edificios, Fontanaría e Instalador/a de gas. Contan con 45 prazas, 15 por especialidade. Suman 2.475 horas lectivas e contemplan prácticas en empresas.
EDUCACIÓN
Concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música dedicado aos sons do Camiño
O venres 18 de xuño, ás 19:30 horas, no Teatro Principal, celebrarase o concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música. Leva como título Unha viaxe moi especial. O Camiño dos sons.