EDUCACIÓN
Os escolares do CEIP Ramón Cabanillas pintaron a súa Semana Santa cun fin social
A concelleira de Educación, María Castelao, acompañada de Laura Brenlla, secretaria da Irmandade de Estudantes, visitou o CEIP Ramón Cabanillas para animar os escolares a participar nos programas Paixón Escolar e Social, que promove a Irmandade de Estudantes en colaboración co Concello de Santiago.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Todas a rutas didácticas do programa "Cultura Viva". Fai túa Compostela", con listas de espera dende hai semanas
Continúan as rutas didácticas do programa educativo Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Participación Cidadá e Centros Socioculturais. Desta vez, un grupo de veciños tivo a oportunidade de visitar San Domingos de Bonaval. Con esta xa son oito as rutas realizadas nesta segunda edición do programa, nas que participaron 180 persoas.
EMPREGO
O Concello organiza unha xornada sobre o cálculo e certificación da pegada de carbono
O Departamento de Emprego do Concello de Santiago organiza este xoves 21 de marzo unha xornada sobre o Cálculo e certificación da pegada de carbono, que se enmarca dentro das actividades de sensibilización sobre temas transversais relacionadas co emprego.
EDUCACIÓN
Obradoiro de iniciación aos instrumentos de manivela na Escola Municipal de Música
A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela acolle este xoves, 21 de marzo, ás 18:00 horas, un obradoiro de música co recoñecido zanfonista Germán Díaz. Será unha sesión de iniciación aos instrumentos mecánicos de manivela dirixido aos máis novos alumnos da Escola.
PARQUES E XARDÍNS
Escolares do CEIP de Vite plantaron 300 árbores no Avío (Vista Alegre)
O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Medio Ambiente, María Pardo, participou na plantación de árbores que realizaron os alumnos do CEIP de Vite con motivo da celebración do Día da Árbore (21 de marzo). O acto adiantouse un día ante as previsións meteorolóxicas.
PARQUES E XARDÍNS
Entregados os premios do concurso de debuxos con motivo do Día da Árbore
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Medio Ambiente, María Pardo, fixeron entrega dos premios con motivo do Día da Árbore. Nesta edición, o concurso, realizado coa colaboración de Cespa (concesionaria do mantemento de zonas verdes), centrouse no CEIP de Vite, cuxos alumnos se encargaran tamén pola mañá da plantación de 300 árbores na zona do Avío, en Vista Alegre.
ECONOMÍA
O Concello crea un Observatorio Urbano con máis de 100.000 datos sobre Santiago
A concelleira responsable da Área de Economía, Reyes Leis, acompañada do representante da empresa Cylstat, Óscar Bernal, e do responsable do Servizo de Informática, Jesús Castro, presentou o Observatorio Urbano de Santiago de Compostela, un novo servizo on-line co que se quere poñer a disposición pública información socioeconomica municipal, que sirva para comprender mellor a cidade e facilitar a toma de decisións.
EDUCACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
"Vive a Paixón" impulsa o uso do galego na celebración da Semana Santa de Compostela
As concelleiras de Educación, María Castelao, e de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asistiron á presentación da campaña Vive a Paixón, impulsada pola Confraría de Estudantes en colaboración co Concello e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
BENESTAR SOCIAL
Unha nova publicación reflexiona sobre feminismo, socialización e poder
A terceira obra editada polo Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC (CIFEX) está dedicada aos Diálogos en la cultura de la paridad, título do volume que se presentou nun acto presidido polo reitor Juan Casares e ao que asistiu a concelleira de Muller e Igualdade, María Castelao. A publicación fai unha reflexión sobre feminismo, socialización e poder.
URBANISMO
A costa de San Clemente levará unha beirarrúa a distinto nivel da calzada
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta dos asuntos tratados pola Comisión Asesora do Casco Histórico, entre os que destacou as obras de reurbanización da costa de San Clemente e a reparación dunha gárgola na Catedral.