BENESTAR SOCIAL
O I Foro de Familias conmemorou o Día do Dano Cerebral Adquirido
A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, asistiu á inauguración do I Foro de Familias con motivo da conmemoración do Día do Dano Cerebral Adquirido (DCA). O evento celebrosue no CIFP Politécnico Monte de Conxo.
FACENDA
O Concello conxela os tributos un ano máis e permitirá o pago do IBI en tres prazos
A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, anunciou que, un exercicio máis, os tributos municipais permanecerán conxelados e nin sequera contemplarán a suba do IPC. Ademais, as ordenanzas fiscais para 2013 ofrecen a novidade da posibilidade do fraccionamento do pago do Imposto de Bens Inmobles (IBI) ata en tres prazos.
DEPORTES
Compostela acolle as XXII Xornadas da Asociación Galega de Medicina do Deporte
O alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugurou as XXII Xornadas da Asociación Galega de Medicina do Deporte, que se celebran na Facultade de Medicina os días 26 e 27 de outubro. A continuación, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, interveu cun relatorio sobre "A evolución da implantación do deporte na sociedade moderna".
BENESTAR SOCIAL
Continúa a sinatura de convenios para o reparto de 398.000 euros entre as entidades sociais de Compostela
A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, segue coa rolda de sinaturas de convenios coas diferentes entidades sociais da cidade. O Concello aumentou a partida ata os 398.000 euros co fin de colaborar con estas entidades no seu obxectivo de chegar a todas aquelas persoas que precisan algún tipo de axuda.
URBANISMO
Investimento de máis de 1,5 millóns de euros para mellorar a mobilidade en Vista Alegre
Continúa a tramitación da redacción do proxecto de mellora da mobilidade e da accesibilidade do barrio de Vista Alegre. Deste xeito, poderá acometerse o proxecto de mellora da mobilidade en dúas zonas deste barrio. A intervención, que contará cun orzamento de máis de 1,5 millóns de euros, está incluída na iniciativa Urbana Santiago Norte.
TURISMO
Peregrinación para promover o Camiño Inglés
Os concelleiros de Turismo, Reyes Leis, e de Centros Socioculturais, Francisco Noya, uníronse no Polígono do Tambre á peregrinación que realizaron xornalistas e blogueiros para promover o Camiño Inglés e que estivo coordinada pola Asociación Hostalería Compostela. Despois de percorrer este último tramo, a comitiva foi recibida en Raxoi.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu en Raxoi o embaixador de Corea do Sur en España, Oh Dae-Sung
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o embaixador de Corea do Sur en España, Oh Dae-Sung. O diplomático mantivo unha reunión co rexedor e asinou no Libro de Honra.
ALCALDÍA
Especialistas españois e portugueses estudan as posibilidades do territorio e a súa xestión para facer fronte á crise económica
Os participantes no XIII Coloquio Ibérico de Xeografía foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Ángel Currás. Este encontro reúne ata o 27 de outubro, na Facultade de Xeografía e Historia, a máis de 300 especialistas españois e portugueses que debaten sobre cuestións relacionadas co territorio, as infraestruturas, a economía e as relacións transfronteirizas e como estas poden axudar a superar a crise actual.
CULTURA
Mofa e Befa estrean a súa nova produción, "Románticos", no Teatro Principal
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e Víctor Mosqueira, Evaristo Calvo, Quico Cadaval e Piti Sanz, presentaron Románticos, a nova obra de Mofa e Befa-Produccións Excéntricas. A estrea absoluta será no Teatro Principal, dentro do ciclo Teatro&Danza, con cinco funcións, dende o mércores 31 de outubro ata o domingo 4 de novembro, ás 21:00 horas (agás domingo, que será ás 20:00 horas) As entradas poden mercarse xa na billeteira do Teatro Principal, que.../em>
TRÁFICO
O Concello e Asociación de Criminólogos colaboran nun plan formativo dirixido a condutores condenados a traballos comunitarios
A gravidade de certas condutas temerarias provocou a súa penalización como delitos. Non obstante, os xuíces teñen a posibilidade de impoñer penas de prisión, multas ou traballos en beneficio da comunidade. Como alternativa para conmutar estas últimas, o Edificio CERSIA acollerá no mes de novembro un programa de formación promovido por Institucións Penitenciarias e financiado pola Consellería de Xustiza e Interior, que ten como destinatarios aqueles condutores da zona de Santiago que foron condenados a penas de...