XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as listas definitivas de admitidos nas escolas infantís de Conxo e Fontiñas
A Xunta de Goberno deu o visto bo ás listas de admitidos e excluídos nas escolas infantís de Conxo e Fontiñas para o curso 2010-2011. Ademais, adxudicáronse definitivamente varios contratos dos incluídos no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FES 2010), e aprobáronse axudas para 16 vivendas do Casco Histórico.
CULTURA
Cancélase o concerto de Benjamin Biolay
A Concellaría de Cultura vese obrigada a cancelar o concerto de Benjamin Biolay ante a imposibilidade de negociar co artista ningún tipo de data para os vindeiros meses. Benjamin Biolay ía dar un concerto o domingo 9 de maio dentro do ciclo Sons da Diversidade, pero que o concerto tivo que suspenderse porque ao artista resultáballe imposible trasladarse a Compostela por mor da nube de cinza que afecta ao espazo aéreo nos últimos meses.
TURISMO
Santiago promociona en Frankfurt a súa oferta para turismo de congresos e reunións
O Santiago de Compostela Convention Bureau, servizo de Turismo de Santiago para a promoción da cidade como destino para a celebración de congresos, reunións e incentivos, está presente no IMEX Frankfurt, que se desenvolverá ata o 27 de maio. O IMEX Frankfurt é unha das feiras máis importantes do mundo neste tipo de turismo, polo que a presenza do SCCB neste evento, no que xa estivo nos pasados anos, é continuar consolidando o posicionamento da cidade como un destino atractivo, de calidade e internacional para as empresas e entidade...
CONSORCIO
O Consorcio propón a adxudicataria do espectáculo dos Fogos do Apóstolo
A mesa de contratación do Consorcio de Santiago decidiu propoñer a empresa Pirotecnia Caballer S.A. como adxudicataria do concurso da realización do espectáculo nocturno dos Fogos do Apóstolo. A proposta económica da empresa ascende a 356.360 euros, IVA incluído, o que supón unha baixa de 3.640 euros con respecto ao tipo de licitación.
CULTURA
Curtocircuíto continúa a súa semana oficial con Cuba como país protagonista
Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago, chega ao seu ecuador cargado de curtametraxes tanto da competición oficial como dos programas paralelos.
ALCALDÍA
O alcalde falou coa conselleira de Traballo dos compromisos pendentes
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que lle presentou o anteproxecto de decreto polo que se aproban os estatutos da Axencia Galega de Servizos Sociais e informalo dos pasos que se van a seguir nos vindeiros meses.
ALCALDÍA
Rematada a folga dos traballadores do servizo do lixo, a situación quedará normalizada ao longo de hoxe luns
O Concello de Santiago quere expresar o seu agradecemento aos cidadáns polo seu comportamento, comprensión e sacrificios durante a folga dos traballadores da empresa concesionaria do servizo de retirada do lixo. Por isto mesmo, reitera as desculpas polas molestias que a folga lles causou durante estes 13 días.
EDUCACIÓN
Un verán máis, o inglés dun xeito divertido
A Concellería de Educación pon en marcha unha nova edición da Escola Municipal de Verán de Inglés (English Summer School) . Desenvolverase do 1 ao 30 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, no IES Rosalía de Castro.
CULTURA
Curtocircuíto inaugura o V Mercado Internacional de Curtametraxes
Hai xa cinco anos que Curtocircuíto puxo en marcha o Mercado Internacional de Curtametraxes, punto de encontro de profesionais de todo o mundo para coñecer as últimas novidades do sector. O martes 25 inaugúrase a súa quinta edición na Zona C cun Encontro Galego no que os máis importantes profesionais do audiovisual da nosa terra estarán presentes.
ALCALDÍA
O alcalde agarda que desta folga do lixo se extraia unha "ensinanza pedagóxica"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, manifestaba en rolda de prensa a súa confianza nun acordo entre os traballadores e a empresa concesionaria do servizo do lixo, que finalmente se produciu. Así pois, a folga quedou desconvocada.