TURISMO
Curtocircuíto na Rúa, verán de curtas ao aire libre
O xoves 5 de xullo comeza Curtocircuíto na Rúa, unha das actividades con máis sona do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela. Tódolos xoves, ata o 23 de agosto, Curtocircuíto na Rúa traerá ás prazas e rúas do casco histórico compostelá as proxeccións das mellores curtametraxes que se están a facer nos cinco continentes. E todo isto cun especial fin de festa: a actuación de DJ Bonobo, do selo Ninja Tune, acompañado polo VJ galego Input Select, que...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Xosé Manuel Iglesias entrevístase cos responsables da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre
O Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, entrevistouse co Presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, Jesús Chenel, e con membros da directiva e persoal técnico da entidade. Entre os temas tratados figuraban o Estudo Técnico para a adaptación do Plan Parcial Urbanístico do Polígono Industrial do Tambre ao novo Plan Xeral de Ordenación Municipal", o Mapa Industrial e o Estudo de Perfís Formativos.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Lectura e lecer únense un verán máis na Bibliopiscina de Sar
A Rede de Centros Socioculturais leva a súa Bibiliopiscina ao complexo deportivo Fontes do Sar por cuarto verán consecutivo. Este ano o lema é "Ven a disfru Sar"
ALCALDÍA
O alcalde recibiu á ministra conselleira da Embaixada de Israel en España, Alona Fisher-Kamm
A Casa do Concello acolleu a visita da ministra conselleira da Embaixada de Israel en España, Alona Fisher-Kamm, que foi recibida polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
CULTURA
Arrincou unha nova edición de Vía Stellae
Un programa monográfico dedicado a Mozart inaugurou no Auditorio de Galicia o II Festival de Música de Compostela e os seus Camiños "Via Stellae".
EDUCACIÓN
Aberta a Escola de Verán de Inglés
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, inauguraron no IES Rosalía de Castro unha nova edición da Escola Municipal de Verán de Inglés. Unha vez máis, moitas familias composteláns apostaron por inscribir aos seus fillos nestes cursos, que conxugan aprendizaxe e lecer.
OBRAS
Póñense en marcha varias obras de accesibilidade e de eliminación de barreiras
Por un importe de 199.800 euros foron adxudicadas diversas obras de accesibilidade supresión de barreiras arquitectónicas, incluídas no Convenio 2005-2006 subscrito co Goberno central e coa ONCE. Executaranse en seis semanas.
BOMBEIROS
O Servizo de Extinción de Incendios dótase de novo equipamento
A Xunta de Goberno aprobou a adquisición de diverso material para o persoal do Servizo de Extinción de Incendios. Deste xeito, dótase de novo equipamento ao corpo de bombeiros, por un importe de 16.278 euros.
OBRAS
Nova beirarrúa e melloras nas canalizacións para o carril de servizo na N-550 entre a Avenida de Lugo e o acceso a Fontiñas
O Goberno local asignou as obras de acondicionamento de carril de servizo na N-550, dende o punto quilométrico 61.995 ao 62.940. O importe de adxudicación é de 209.136 euros e o prazo de execución de catro semanas.
TURISMO
Volven ás rúas os "chaquetas vermellas"
Entre o 2 de xullo e o 31 de agosto Turismo de Santiago pon novamente en acción aos "Chaquetas vermellas", que percorrerán prazas e rúas compostelás ofrecendo información turística.