EDUCACIÓN E DEPORTES
"Á auga patos" segue un curso máis a fomentar a práctica da natación entre os escolares composteláns
Os concelleiros de Educación, Guadalupe Rodríguez, e de Deportes, Andrés Fariña, presentaron unha nova edición do programa de natación escolar "Á auga patos", que se desenvolverá dende primeiros de outubro ata o 30 de maio de 2008. A campaña , que leva a cabo a empresa Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos (XADE) porase en práctica inicialmente na piscina de Santa Isabel, e posteriormente na de Sar, unha vez rematen as obras nos seus vestiarios.
CULTURA
Santiago Auserón, Mercedes Peón e Jane Birkin na segunda parte do ciclo "Sons da Diversidade"
Os tres últimos meses do ano traen unha nova entrega de concertos do ciclo Sons da Diversidade. Santiago Auserón e a súa orquestra de jazz, Mercedes Peón e Jane Birkin serán os protagonistas destas actuacións, que de novo poñen de relevo a diversidade de propostas deste ciclo, tal como sinalou o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, na presentación. As entradas xa están á venda.
COMERCIO
El Rincón del Aceite faise co primeiro premio da edición de outono do Concurso de Escaparatismo
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou aos tres premiados na edición de outono do IV Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping". En primeiro lugar clasificouse o estabelecemento de alimentación El Rincón del Aceite. En segundo lugar quedou a tenda de chocolates Chocolat Factory. E o terceiro premio foi para a tenda de marroquinería Media Lúa.
URBANISMO
Aprobado definitivamente o PXOM de Santiago
A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, comunicou ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a sinatura da orde de aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Santiago (PXOM). O alcalde e a concelleira de Urbanismo e Vivenda, Mercedes Rosón, comparecerán o sábado 6, ás 12.00 horas, na Casa do Concello, para informar aos medios de comunicación dos contidos do documento.
BENESTAR SOCIAL
O programa "Violencia: tolerancia cero" invita a reflexionar e a previr fronte aos malos tratos
A prevención, a sensibilización social fronte ao maltrato, o soporte, a atención e a reinserción das vítimas e dos seus fillos son os eixos principais do programa "Violencia: tolerancia cero", da Obra Social "la Caixa". Esta iniciativa, que está a percorrer 25 cidades españolas en 2007, chega agora a Compostela, onde estará ata o 28 de outubro.
CULTURA
Comeza unha nova tempada dos concertos didácticos
O 30 de outubro comeza unha nova tempada de concertos didácticos no Auditorio de Galicia. Ata o 17 de abril, o alumnado de ensino primario e secundario poderá gozar de diversos espectáculos no que a música clásica, de Prokófiev, Stravinski, Bruch, Warlock e Mirlaud convivirá coa tradicional de Mercedes Peón ou Na Virada, ademais de mesturarse con outras disciplinas artísticas, como as artes escénicas. Ademais, este ano, o Teatro Principal tamén será escenario de dous concertos didácticos que...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Vinte anos da librería Komic
Hai xa 20 anos que a primeira librería especializada en banda deseñada que houbo en Galicia abriu as súas portas. Trátase da librería Komic, que celebra este aniversario cunha exposición no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche. A mostra estará aberta ata o 13 de outubro.
ALCALDÍA
Santiago e Asissi ratifican o texto preliminar do seu irmandamento
A primeira hora da mañá do mércores 3, a delegación compostelá foi recibida polo alcalde Claudio Ricci na casa do Comune di Assisi. Durante a xuntanza falaron das similitudes entre Santiago e Assisi, dous importantes centros de peregrinación moi vinculados á figura do Apóstolo e á orde franciscana, tal como indican os conventos de San Francisco e Santa Clara (orde franciscana de monxas fundada por unha discípula de San Francisco).
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Petronio Arte acolle unha exposición do artista cubano David Planas
A galería Petronio Arte, nacida no marco do Proxecto Equal Compostela Social promovido pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, acolle do 3 ao 26 de outubro unha exposición do artista cubano David Planas. A inauguración da mostra, titulada El negrito cimarrón regala colores para todos e aberta aos medios de comunicación, terá lugar o mércores, 3 de outubro, ás oito da tarde.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reúnese co alcalde de Assisi para falar do irmandamento entre Compostela e a cidade italiana
Os alcaldes de Santiago e Assisi mantiveron unha xuntanza coincidindo coa chegada da delegación santiaguesa a Assisi. O rexedor da cidade italiana, Claudio Ricci, recibiu a Xosé A. Sánchez Bugallo á súa chegada á vila para convidalo a unha comida e a continuación fixeron un percorrido polos principais puntos de interese de Assisi.