CULTURA
Cultura presenta unha nova páxina web máis visual, funcional, accesible e con gran presenza das redes sociais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio, José Víctor Carou, presentaron a nova páxina web da Concellaría de Cultura. A nova web,necesaria polo grande avance que sufriron as novas tecnoloxías nos últimos seis anos (que eran os que tiña a súa predecesora), é moito máis visual, funcional, con acceso multidireccional, accesible en diversos dispositivos e con gran presenza das redes sociais. Ademais, ofrece a...
PARQUES E XARDÍNS
O parque de Ramírez converterase nun espazo versátil, funcional e máis seguro
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Obras, Infraestruturas e Medio Ambiente, María Castelao, visitaron o parque de Ramírez e presentaron o anteproxecto que o Concello elaborou para este espazo. A actuación permitirá eliminar os seus actuais problemas de seguridade e incorporará unha pista deportiva e un circuíto biosaudable. O investimento será de 400.000 euros.
MEDIO AMBIENTE E URBANISMO
Aberta a inscrición no Concurso de Balcóns
Dende hoxe martes, 29 de maio, e ata o 6 de xuño, permanecerá aberto o prazo para inscribirse no IV Concurso de Balcóns, convocado polas concellarías de Medio Ambiente e de Urbanismo e que, neste edición, ábrese por primeira vez a todo o termo municipal. O xurado e o público elixirán os mellores balcóns do Casco Histórico, do resto do municipio e tamén dos establecementos hostaleiros.
ALCALDÍA
O Pen Club de Galicia informou ao alcalde compostelán dos preparativos da IV Bienal Literaria Internacional
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi o presidente do Pen Club de Galicia, Luís González Tosar, quen lle explicou os preparativos da IV Bienal Literaria Internacional. Este evento, que se celebrará na Cidade da Cultura e noutros lugares de Santiago, levará por título "Compostela, de pedra e de palabra".
URBANISMO
María Pardo agradece a confianza da Xunta no urbanismo de Santiago en prol da axilización de licenzas no perímetro azul
Constituíuse en Raxoi a Comisión Mixta do Perímetro Azul, en virtude da cal se concretou a delegación de competencias na concesión de licenzas no devandito ámbito a favor do Concello de Santiago. Esta cesión permitirá axilizar concesión de competencias en torno a dous meses.
EDUCACIÓN
Ábrese o prazo de inscrición para a Escola Municipal de Verán de Inglés
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, anunciou a apertura do prazo de inscrición na Escola de Verán de Inglés, que se desenvolverá do 2 ao 31 de xullo no IES Rosalía de Castro. O programa foi aprobado na Xunta de Goberno, cun orzamento de 38.000 euros. O prazo de inscrición estará aberto ata o 8 de xuño.
MOBILIDADE
O Concello de Santiago estuda a implantación da figura dos auxiliares de tráfico e de pasos peonís máis seguros
O concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez, participou no Parlamento galego na Comisión non permanente de estudo da seguridade viaria en Galicia. Na mesma deu conta das medidas que se están tomando en Santiago nesta materia.
XUNTA DE GOBERNO
As solicitudes de cacharelas para a noite de San Xoán poden entregarse ata o 15 de xuño
A Xunta de Goberno aprobou as normas de seguridade e de xestión de permisos para as cacharelas en espazos públicos e privados na noite San Xoán. O prazo de solicitude destas fogueiras estará aberto ata as 14:00 horas do 15 de xuño.
CULTURA E MEDIO AMBIENTE
Música e actividades diversas na Romaría Pop, un novo concepto de Festival, o 16 de xuño no parque de Belvís
O parque de Belvís é o lugar elixido para celebrar a Romaría Pop, un novo concepto de festival que presentaron a concelleira de Medio Ambiente e Parques e Xardíns, María Castelao; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e Álvaro Álvarez, de Desconcierto Cultural, organizadores do evento. Será o sábado 16 de xuño, desde as 13:00 ata as 23:00 horas e, ademais de música, haberá diversas actividades para que sexa unha xornada lúdica para toda a familia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Compostela Cine Classics proxectou "Gran Torino" e acolleu unha charla sobre o filme co premiado guionista Ángel de la Cruz
O Centro Sociocultural de Fontiñas acolleu a penúltima proxección do programa Compostela Cine Classics’12. Exhibiuse o filme Gran Torino, de Clint Eastwodd, nunha sesión á que asistiu o alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya. Logo da proxección celebrouse unha charla sobre a película co guionista Ángel de la Cruz, director e guionista gañador de 3 Goya, o último este ano por Arrugas.