NORMALIZACÓN LINGÜÍSTICA
Normalización Lingüística colabora nunha nova edición do maratón de lectura da Fundación Granell
Continuando co seu obxectivo de promoción e apoio á literatura, un ano máis o Museo Fundación Eugenio Granell organiza o Maratón de lectura. Ao acto asistiu a concelleira Rebeca Domínguez.
SERVICIOS SOCIAIS
O Concello de Santiago participa nas actividades para celebrar o día mundial da Esclerose Múltiple
O alcalde Ángel Currás e a concelleira María Castelao participaron na Praza do Obradoiro nas diversas actividades que a Asociación de Esclerose Múltiple de Collado Villalba organizaou esta mañá con motivo do día mundial da enfermidade cun 'flashmob' e unha peregrinación a Santiago de Compostela.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberto o prazo para a excursión "Un paseo por Castela"
Aberto o prazo desde o venres 30 de maio a partir das 17 horas para participar nunha nova viaxe do programa municipal Imos de excursión: "Un paseo por Castela: Zamora e Salamanca" que se desenvolverá os días 21 e 22 de xuño.
PLENO
O cumprimento do Plan de Axuste permitíu en 2014 reducir a presión fiscal do IBI
O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria do mes de maio, tomou en coñecemento varios asuntos de carácter financeiro, entre eles a liquidación do orzamento de 2013 ou o seguimento do Plan de axuste.
SERVIZOS SOCIAIS
A Casa das Asociacións de Benestar Social acolleu unha charla sobre a lei de responsabilidade penal dos menores
A Casa das Asociacions de Benestar Social (CABES) acolleu esta mañá a charla "Programa Katorce-18", organizada desde o Programa Municipal Socioeducativo.
XUVENTUDE
Concursos, exhibicións e obradoiros no "Compostela Skate III"
As Concellerías de Xuventude e Educación adican dúas xornadas á cultura urbana con diversas actividades como obradoiros de graffiti, skate, beatbox e break onde participarán algúns dos mellores artistas galegos. As concelleiras Rebeca Domínguez e María Castelao presentaron o programa de estas xornadas que se celebrarán o venres 30 e sábado 31, dentro das Festas da Ascensión.
DEPORTES
Recoñecemento municipal aos xogadores do Río Natura Monbus
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu en Raxoi a recepción municipal aos xogadores, adestradores e directivos do Blusens Monbus. Foi momento para recoñecer a boa temporada do club, culminada coa permanencia un ano máis na Liga Endesa.
EDUCACIÓN
Resultado do sorteo de varias especialidades da Escola Municipal de Música
No día de onte, luns 26 de maio, celebrouse sorteo público das prazas das especialidades de Preparatorio MeM (3 anos), Música e Movemento 2 (5 anos), Iniciación á Linguaxe musical 2 (7 anos), Clarinete, Guitarra Española, Saxofón, Percusión, Piano e Frauta da Escola Municipal de Música para o curso escolar 2014/15.
EDUCACIÓN
Educación colabora na celebración do Día Internacional do Celíaco cun menú específico nos comedores escolares
O Departamento de Educación, en colaboración coa Asociación de Celíacos de Galicia, continúa coas actividades programadas para contribuír á divulgación entre a comunidade escolar de Compostela desta enfermidade. A Concelleira de Educación, María Castelao, participou no CEIP das Fontiñas dun xantar para celebrar o Día internacional do celíaco.
FESTAS
As Festas da Ascensión comezan este mércores co concerto de Andrés Calamaro
Compostela prepárase xa para o comezo das Festas da Ascensión, que este ano se celebran do 28 de maio ao 1 de xuño. Na primeira xornada, este mércores, destaca o concerto de Andrés Calamaro na praza da Quintana e engádese ao programa unha festa infantil no Campus Vida.