PLENO
Agustín Hernández asume a tarefa de devolver a "normalidade institucional" a Santiago e a "ilusión" aos seus cidadáns
Agustín Hernández tomou posesión como alcalde nunha sesión extraordinaria do Pleno municipal na que tamén formalizou a súa renuncia o ata agora rexedor, Ángel Currás. Previamente, tomaron posesión da súa acta, ademais de Hernández, outros oito concelleiros: Marta González, María Jesús Saínz, María Antón, Manuel Martínez, Ramón Quiroga, Teresa Gutiérrez , María José Corral e Alejandro Sánchez-Brunete.
FESTAS
Grande aceptación do concerto de Los Planetas con motivo das Festas do Apóstolo
Santiago será a primeira data en directo de Los Planetas en España este verán. O concerto, un dos previstos para as Festas do Apóstolo, está tendo unha grande aceptación e xa se vendeu o 60% das entradas.
TURISMO
Santiago promociónase no Spain Club, referente da gastronomía española en Tokio
Turismo de Santiago fixo unha presentación da cidade no restaurante Spain Club de Tokyo. O Spain Club, ubicado no distrito de Ginza, o máis cosmopolita e elitista da capital nipona, é o principal referente da gastronomía española en Xapón. Pero ademais conta tamén cunha tenda onde se poden adquirir moitos produtos españois.