MEDIO RURAL
Traballos de mellora do firme en vieiros das parroquias de Marrozos e do Eixo
Continúan os traballos de mellora do firme en vieiros rurais das parroquias do Eixo e de Marrozos. Os traballos xa concluíron en Aríns e na zona de Lavacolla.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de inscrición para a viaxe ás Illas Cíes do programa "Imos de excursión"
O martes 17 de xuño, ás 17:00 horas, ábrese o prazo para inscribirse nunha nova viaxe do programa municipal Imos de excursión, que nesta ocasión leva por título "Galicia, paraíso natural. Illas Cíes". Realizarase o sábado 12 de xullo.
SEGURIDADE CIDADÁ
O luns 16 remata o prazo de solicitude dos permisos para as cacharelas de San Xoán
O prazo de solicitude dos permisos para as fogueiras de San Xoán rematará o luns 16 ás 14:00 horas. Non se atenderá ningunha solicitude presentada fóra deste prazo.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello investirá 100.000 euros na renovación do pavimento da praza de Galicia
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o proxecto de renovación dos pavimentos da praza de Galicia e a mellora da rede de saneamento na rúa do Franco. Tamén se deu o visto bo a obras de mellora do firme no rural e adxudicouse a explotación da cafetería do Parque Eugenio Granell.
EDUCACIÓN
A Concellería de Educación pon en marcha o seu programa de conciliación
Este venres, 13 de xuño, ábrese o prazo de inscrición e matrícula no programa de conciliación de verán do Concello, unha vez aprobado o mesmo pola Xunta de Goberno. A iniciativa está dirixida a nenos e nenas que cursen estudos en centros de Educación Infantil e Primaria de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. O orzamento para este programa é de 21.430 euros.x
TURISMO
O concurso Tapéate Compostela supera xa as 4.000 tapas consumidas
Os 30 establecementos participantes na segunda edición do concurso de tapas Tapéate Compostela serviron máis de 4.000 tapas entre o venres 6 de xuño, día no que comezou o evento, e o pasado martes día 10. O valor diferencia de Tapéate Compostela é que todas as tapas do concurso, que se serven a un prezo de dous euros, teñen que ser elaboradas con produtos galegos e de tempada que poidan ser adquiridos na Praza de Abastos de Santiago.
TURISMO
Produtores audiovisuais de toda España presentan os seus proxectos en Santiago
A Concellería de Turismo, a través da Santiago Film Comission, colabora coa oitava edición do pitching "I+P Ideas para producir", do Cluster Audiovisual Galego (Clag), celebrado no Auditorio de Galicia. Máis de 80 profesionais do sector audiovisual participan nesta xornada de presentación de proxectos.