NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA
A exposición de Manuel Rodríguez López, no Museo do Pobo Galego
A concelleira de Normalización Lingüística asistiu á inauguración da mostra, que se pode ver ata comezos do próximo mes de maio.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Un novo programa de Centros Socioculturais achegará os composteláns á historia e á antropoloxía da cidade
O concelleiro da área de Participación Cidadá, Francisco Noya, presentou en rolda de prensa "Vive, Vivencias, Vivamos", un novidoso proxecto dentro da Rede de Centros Socioculturais do Concello que nace co obxetivo de promover o encontro e o intercambio cultural de forma accesible entre os cidadáns de Compostela.
ALCALDÍA
O alcalde inicia cos avogados e procuradores unha rolda de reunións para a defensa do partido xudicial de Santiago
O rexedor compostelán, Ángel Currás, reuniuse no Pazo de Raxoi cos decanos dos colexios de avogados e de procuradores, Evaristo Nogueira e José Paz, para establecer os pasos a dar na defensa da demarcación xudical de Santiago. É a primeira das reunións que manterá o alcalde nos próximos días con diferentes institucións da cidade.
BENESTAR SOCIAL
Benestar Social organiza unhas xornadas formativas sobre prevención e sensibilización contra a violencia de xénero
Durante os meses de abril, maio e xuño, a Área de Servizos Sociais do Concello pon en marcha no edificio Cersia unhas xornadas sobre violencia de xénero enmarcadas no III Plan de Igualdade e tralo éxito do I Congreso de Intervención e prevención da violencia de xénero que se celebrou o pasado mes de novembro.
DEPORTES
O MediaSan do Camiño xa ten camiseta e bolsa oficial para os corredores
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou no Centro Comercial Compostela a bolsa e a camiseta que lucirán os corredores que este domingo 13 abril participen no MediaSan do Camiño.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Nova viaxe dentro do programo Imos de Excursión
Dende o xoves 10 de abril a partir das 17h ábrese o prazo para a inscrición nunha nova viaxe incluída no programa municipal "Imos de excursión" para as datas do 1,2 e 3 de maio co título Terras de Burgos.