COMERCIO
A artesá Ana Serra deseñará a figura conmemorativa dos Premios do Comercio
Os Premios do Comercio establecen este ano seis candidaturas. Os gañadores de dúas delas, Comercio de Barrio e Comercio Agarimo, serán elixidos mediante votación popular. Poden presentar candidaturas comercios e asociacións comerciais e, no caso do Comercio de Barrio e Comercio Agarimo, pode facelo calquera persoa. O prazo de presentación remata o 26 de abril.
CULTURA
O Pazo de Congresos acollerá a máis de 1000 gaiteiros na I fase do campionato galego de bandas de gaitas
O alcalde, Ángel Currás, presentou en rolda de prensa a XXIV edición deste certame, o máis importante no que Bandas de Gaitas se refiere en toda a Península Ibérica, e cuxa primeira fase se celebrará no Pazo de Congresos este sábado, 12 de abril. Acudirán un total de 23 bandas de diferentes puntos de Galicia, Cataluña e Portugal.
ECONOMÍA
Ábrese o prazo de inscrición nos cursos para persoas emprendedoras do Santiago Investors Support
As accións formativas desenvolveranse durante o mes de maio.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Un plan director dos parques e xardíns da cidade definirá as prioridades de actuación na busca dunha xestión global máis eficiente e sustentable
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbanos Sostible, María Pardo, presentou en rolda de prensa o Plan director dos parques e xardíns de Santiago, que conta cunha inversión para a súa redacción de 144.085 euros e que se encadra nas mellorar presentadas pola empresa adxudicataria do prego de mantemento das zonas verdes.
DEPORTES
Presentada a bebida oficial do MediaSan do Camiño
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e a relacións externas de Coca-Cola Iberian Partners, María Sande, anunciaron que Powerade será a bebida oficial do MediaSan do Camiño. Ademais, o prazo para apuntase nesta proba amplíase ata o xoves ás 14.00 horas.