EMPREGO
Santiago tivo en marzo 771 parados menos que hai un ano
O número de persoas paradas en marzo foi de 9.005, fronte ás 9.776 que houbo en marzo do 2013 e as 9.360 de marzo de 2012. En marzo houbo un descenso de 227 persoas rexistradas no paro respecto de febreiro, o mellor dato neste mes dende polo menos o ano 2006.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
María Pardo participa como ponente nunha conferencia sobre accesibilidade e turismo
A concelleira da Área de Desenvolvemento Sostible, María Pardo, salientou o esforzo realizado desde o Concello por conseguir un turismo máis accesible e para todos. Como exemplo sinalou o ascensor do Mercado de Abastos, segundo edificio mais visitado da cidade, ou a rampla e o ascensor do Museo das Peregrinacións. A charla, organizada coa colaboración do Grupo de Cidades Patrimonio, celebrouse no Cersia.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
A zona de San Pedro estreará nova cara coa finalización das obras na rúa e a apertura ao casco vello do parque de Belvís
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira da Área de Desenvolvemento Urbanos Sostible, María Pardo, visitaron o barrio de San Pedro, onde se están a acometer importantes cambios para mellorar a zona. En breve, rematarán as obras de urbanización da rúa de San Pedro e para o verán comezarán os traballos de demolición da Casa da Xuventude, cumplindo así un acordo decidido por unanimidade do Pleno da Corporación.
RÉXIME INTERIOR
Expostas ao público as listas do censo entre o 7 e o 14 de abril con motivo das eleccións ao Parlamento europeo
As listas do censo estarán expostas ao público do 7 ao 14 de abril por mor da celebración das eleccións ao Parlamento europeo o 25 de maio deste ano. Poden consultarse no Padrón municipal.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica obras no ámbito norte da cidade por máis de dous millóns de euros
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, adxudicou varias obras no ámbito de actuación do programa Urbana Norte por un importe de 2.156.732,4 euros. Tamén deu o visto bo á adxudicación do contrato mantemento e conservación dos espazos verdes da cidade.