CENTROS SOCIOCULTURAIS
A 32ª edición do Festival Outono Fotográfico abre o seu prazo de inscrición
A Concellaría de Centros Socioculturais informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar na 32ª edicción do Festival Galego de Fotografía, Outono Fotográfico, que se celebrará nos meses de outubro, novembro e decembro e que terá repercusión como outros anos nos centros socioculturais de Santiago, que exporan como outras salas e entidades colaboradoras en toda Galicia, os traballos artísticos seleccionados.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humaninade de España e Seo Bird Life convocan o primeiro concurso de fotografía "Cidades Patrimonio e Natureza"
O concurso desenvolverase nas redes sociais do Grupo e o prazo de envío de fotografías será ata o 15 de xuño.
TURISMO
350 nenos norirlandeses viven o Camiño de Santiago na súa escola
A St. Mary’s Primary School en Mullaghbawn, en Irlanda do Norte, viviu esta semana o seu particular Camiño de Santiago cunha actividade didáctica na que participaron todas as súas clases de preescolar e primaria, un total de 350 nenos de 3 a 11 anos.
ALCALDÍA
O alcalde continúa a rolda de contactos coas institucións da cidade para a defensa do partido xudicial de Santiago
O rexedor compostelán, Ángel Currás, continúa as reunións con diferentes entidades da cidade para recabar apoios para o mantemento do partido xudicidal de Santiago tal e como está agora. Nesta ocasión tratábase da Cámara de Comercio, representada polo seu presidente, Jesús Asorey. A semana pasada mantivo un encontro cos decanos dos colexios de avogados e procuradores.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello revisará 67 parques infantís para adaptalos á normativa vixente de seguridade
A voceira da Xunta de Goberno, María Pardo, deu conta dos asuntos tratados na sesión ordinaria entre os que salientan a adxudicación do servizo de reparación e adaptación á normativa vixente das áreas de xogo e dos circuítos biosaudables e tamén as obras de mellora nas rúas Quiroga Palacios, 25 de xullo e avenida de Vilagarcía. Outro dos asuntos tratados foi o cambio na normativa para permitir que as mascotas pequenas viaxen no autobús urbano.