DEPORTES
Santiago vístese de Mundial
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o acto xunto con Óscar Fernández, director-xerente de iFer-Grupo Fernández Santiago, Juanjo Martínez, director de comunicación de Hyundai España e José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte.
COMERCIO
O Concello lanza un programa piloto para convertir en escaparates os locais baleiros da cidade
O obxectivo é dinamizar as zonas comerciais amosando as posibilidades dos locais que non teñen actividade. A participación non ten custo para os propietarios dos locais baleiros.
FESTAS
Belle & Sebastian actúan en Compostela o 28 de xullo no programa das Festas do Apóstolo
O concerto dos escoceses na Praza da Quintana convértese na cita musical do verán, con entradas a un prezo anticipado de 20 euros. O directo, promovido polo Concello de Santiago e I-Radia Crea, é o primeiro que a recoñecida banda ofrece en Galicia. Este concerto é o único confirmado pola banda en España en 2014
EDUCACIÓN
Continúa aberto o prazo para participar no programa de conciliación da Semana Santa
O Departamento de Educación do Concello de Santiago organiza un programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Semana Santa 2014 que comprende unconxunto de actividades, a desenvolver en instalacións do CEIP As Fontiñas, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio.
EDUCACIÓN
A obra "Ícaro" faise co VII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados
A concelleira de Educación, María Castelao, visitou a xuntanza do xurado do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, que finalmente gañou obra "Ícaro" de Federico Delicado Gallego, de Cidade Real.