COMERCIO
Rematan as reunións informativas sobre as axudas para reforma de locais e implantación das TICs no ámbito do Urbana
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, asistiu no Centro Sociocultural da Trisca á última reunión informativa sobre as axudas para a reforma de locais de negocio e implantación de tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) no ámbito do programa Urbana Santiago Norte. O 28 de febreiro remata o prazo de solicitude destas subvencións.
ALCALDÍA
O alcalde lamenta a ocupación da Sala Yago
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, lamenta a ocupación, de novo, dun espazo privado no Casco Histórico, pero lembra que neste momento non ten uso cultural a pesar dos numerosos intentos por conseguir recuperar ese espazo que foron infrutuosos. Por este motivo se chegou a un acordo de cesión con Novagaliciabanco do edificio do Preguntoiro.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Concello abre un prazo de preinscrición nos cursos de lingua galega (CELGA)
Seguindo as indicacións da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Concello de Santiago abre un prazo de preinscrición en cursos de lingua galega (CELGA) co fin de recoller a demanda existente nesta localidade e trasladala a este organismo da Xunta de Galicia.
CULTURA
Luis Iglesia e Xabier Deive chegan a Compostela con "Sede de mal", teatro de calidade con música en directo
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a nova proposta do ciclo Teatro & Danza, Sede de mal. Fíxoo acompañado dos seus dous protagonistas, Xabier Deive e Luis Iglesia, que estarán con esta obra este xoves 13 e o venres 14, no Teatro Principal, a partir das 21:00 horas.
MEDIO AMBIENTE
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela organiza en febreiro o videoforum: "STOP! Rodando o cambio"
Dentro do marco de actividades organizadas polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) para este trimestre, e coa temática do decrecemento e as iniciativas individuais e colectivas que están a xurdir nesta corrente, realizarase o videoforum: STOP! Rodando o cambio, que tenta amosarnos distintas iniciativas e modos de vida, máis responsables e respectuosos co medio ambiente. Esta actividade terá lugar o día 15 de febreiro nas instalacións do CIAC.