EDUCACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Os máis cativos adquiren cultura gastronómica e conciencia dunha alimentación saudable
As concelleiras María Castelao e Rebeca Domínguez visitaron o Campus de Cociña Infantil CompHostelería, que se está a desenvolver na sede de Hostalería Compostela. Participan nenos e nenas entre 6 e 12 anos en quendas de mañá dunha semana de duración.
ALCALDÍA
O curso da Compostela Arquitectura trae á cidade personalidades como William J.R. Curtis, David Chipperfield ou Álvaro Siza
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu os participantes no curso internacional de verán organizado pola Fundación Compostela Arquitectura e que se celebra do 15 de xullo ao 3 de agosto en San Martiño Pinario. Uns 30 estudantes de distintas nacionalidades participan nestas sesións, que terán como conferenciantes distinguidos a persoeiros como William J.R. Curtis, David Chipperfield ou Álvaro Siza.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reurbanización da rúa da Caramoniña
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Caramoniña e do espazo libre do equipamento ASD_26. Tamén se deu o visto bo a dúas modificacións orzamentarias, ao programa de concertos Emerxentes e ao convenio que permitirá a Santiago albergar o congreso BioSpain 2014.
CULTURA
Tak-Nara Percussion Group clausura outra exitosa edición do Festival Via Stellae
O Festival Via Stellae 2013 pecha este venres na Igrexa da Universidade o ciclo de concertos que durante dúas semanas encheron de boa música diversos espazos da cidade. O encargado de por fin a esta edición será o Tak-Nara Percussion Group, co seu espectáculo Tak-Nara 2.0: percusión, conversas e danzas, ás 21:00 horas, na igrexa da Universidade. Entrada libre previa recollida de invitación no Teatro Principal.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Excursión á Festa da Istoria de Ribadavia
A Concellería de Centros socioculturais abre a partir deste xoves 18 de xullo, ás 17:00 horas, o prazo para participar na próxima viaxe do programa Imos de excursión 2013. Será a denominada "Galicia medieval: Festa da Istoria de Ribadavia", que se realizará o sábado 31 de agosto.
PLENO
O Pleno aproba inicialmente unha modificación da Ordenanza reguladora das terrazas e quioscos de hostalería
A sesión ordinaria de xullo do Pleno da Corporación tivo como un dos seus puntos destacados a aprobación inicial unha modificación da Ordenanza reguladora das terrazas e quioscos de hostalería. Tamén se deu o visto bo a unha modificación orzamentaria que permitirá dedicar algo máis dun millón de euros a investimentos.