URBANISMO
A fonte de San Roque volve verter auga despois de varios anos inutilizada
O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado pola concelleira de Urbanismo, María Pardo, visitou a praza de San Roque con motivo das obras de remodelación que se levaron a cabo nos últimos meses. A actuación permitiu recuperar este espazo, que presentaba un importante grao de degración, e restaurar a fonte.
BENESTAR SOCIAL
Oito entidades reciben no Obradoiro vehículos destinados a paliar a dispersidade xeográfica e facilitar o transporte adaptado
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu ao acto de entrega de vehículos a 8 entidades de persoas con discapacidade intelectual de Galicia, co obxectivo de paliar a dispersidade xeográfica e facilitar o transporte adaptado de persoas con maiores problemas de mobilidade.
MULLER
Os alumnos do IES Xelmírez II plasman a súa visión sobre a igualdade de xénero nunha exposición fotográfica
O IES Xelmírez II acolle unha exposición fotográfica con motivo do Día Internacional da Muller. A concelleira de Muller, María Castelao, asistiu ao acto de presentación da mostra.
SEGURIDADE CIDADÁ
Os Bombeiros celebraron o seu patrón
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luis Bello, asistiron aos actos con motivo do patrón dos Bombeiros, San Xoán de Deus.
TURISMO
Encontro con turoperadores xaponeses
O concelleiro Francisco Noya, en ausencia da concelleria de Turismo, Reyes Leis, presente na Feira Internacional de Turismo de Berlín, recibiu a tres representantes do turoperador xaponés Miki Travel Agency. Están en Santiago nunha viaxe de familiarización.
TURISMO
As pernoctacións subiron un 8,14% en Santiago durante o mes de xaneiro
Santiago sumou 45.119 pernoctacións en xaneiro, un 8,14% máis que no mesmo mes do ano 2012, segundo os datos do INE. O aumento das pernoctacións debeuse ao crecemento das pernoctacións domésticas, que alcanzaron as 37.877, un 11,58% máis que en xaneiro do ano pasado. Pola contra, as pernoctacións internacionais, que no conxunto do ano 2012 alcanzaron o seu maior número na serie estatística do INE, tiveron un descenso do 6,88%, quedándose con 7.242.
MULLER
Mulleres con discapacidade falaron no CABES das súas experiencias de inserción laboral
A Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), en Salgueiriños, acolle a Xornada da Muller Traballadora con Discapacidade, organizada por CERMI Galicia. A concelleira de Muller, María Castelao, asiste ao acto inaugural do evento, presidido pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.
MULLER
Homenaxe municipal ao esforzo e sacrificio de tres mulleres compostelás
A concelleira de Muller, María Castelao, presidiu o acto de homenaxe a tres mulleres -Montse Liñares, Carmen Blanco e Carmen Pereiras- en recoñecemento ao seu esforzo no mantemento das tradicións culturais, do pequeno comercio e da hostalería, respectivamente. Esta cerimonia formou parte dos actos con motivo do Día Internacional da Muller.
MULLER
A USC celebrou o Día Internacional das Mulleres
A Universidade de Santiago celebrou no Salón Nobre do Colexio de Fonseca o Día Internacional das Mulleres. Foi un acto conmemorativo solemne presidido polo reitor, Juan Casares Long, e ao que asistiu a concelleira de Muller, María Castelao.