PERSOAL
As condicións de xubilación parcial do persoal laboral manteranse ata 2019
A concelleira Persoal, Amelia González, anunciou que as condicións para a xubilación parcial do persoal laboral municipal se manterán nos termos contidos no convenio colectivo ata 2019. Tras o acordo acadado coas representacións sindicais, o Concello acollerase deste xeito á posibilidade que ofrecía o Real Decreto-lei 5/2013, de 15 de marzo, de medidas para favorecer a continuidade da vida laboral dos traballadores de maior idade e promover o envellecemento activo, de non aplicar as condicións deste en caso de consenso.
XUNTA DE GOBERNO
Máis de 5.000 escolares participarán na XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, aprobou a memoria da XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura. Ademais, acordouse iniciar un novo procedemento de contratación do servizo de medición de ruídos e revisar os prezos do servizo de mantemento das zonas verdes.
CULTURA
"O Principiño", un clásico da literatura universal, chega ao Teatro Principal
O domingo 28 de abril, ás 12:30 horas, a compañía Telón Tolón representa a obra O Principiño no Teatro Principal. Esta función de teatro, con música orixinal, un coro de nenos e unha posta en escena chea de imaxinación e poesía, está incluída no ciclo Infantil & Familiar. As entradas xa están á venda.
CULTURA
Volve a danza ao Principal con "Lugares extrañamente desastrosos", de Thomas Noone
Thomas Noone presenta a súa máis recente creación para público adulto, Lugares extrañamente desastrosos, dentro do ciclo Teatro & Danza. A danza máis dinámica, irónica e extrema chegará ao Teatro Principal o mércores 17 de abril, ás 21.00 horas. As entradas xa están á venda.
SEMANA SANTA
Continúan os actos da Semana Santa
A Semana Santa continúa en Compostela coas diferentes procesións e actos litúrxicos, ademais doutras actividades paralelas coma o Festival de Músicas Contemplativas ou a oferta gastronómica Santiago Pasión.