EDUCACIÓN
O traballo escolar entorno á danza exhibirase no Auditorio a través de 16 coreografías
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, presentou o VII Certame de Danza Intercentros, enmarcado no programa Compostela en Danza. 173 bailarinas de entre 3 e 18 anos amosarán ao público o froito do traballo en torno á danza realizado ao longo do curso. A cita é o domingo 3 de xuño, ás 19:00 horas, na sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.
EDUCACIÓN
Péchase o ciclo de concertos didácticos nos centros de infantil e primaria
O venres 1 de xuño terá lugar a última sesión do 2º Ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago, organizados pola Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música. Os centros nos que poñerá o broche final ata o vindeiro curso serán o CEIP As Fontiñas, cunha sesión ás 10:00 h, e no CEIP Monte dos Postes, ás 11:30 h.
ECONOMÍA
Máis de 200 persoas participaron en maio nas accións do Santiago Investors Support
As actividades de maio do Santiago Investors Support rexistrou a asistencia de máis de 200 persoas. Este programa da Concellería de Economía para a dinamización do tecido económico da cidade desenvolveu en maio cinco actividades, catro delas no CERSIA e unha no IES Lamas de Abade.
ALCALDÍA
O Concello, a Cámara de Comercio e Amigos do Ferrocarril organizan un ciclo de conferencias sobre o tren en Galicia
O Concello de Santiago, a Cámara de Comercio e a Federación Española de Asociacións de Amigos do Ferrocarril (FEAAF) organizan un ciclo de conferencias ferroviarias que se celebrará no mes de xuño. O obxectivo deste ciclo é coñecer o funcionamento e o estado actual da rede ferroviaria galega e as novas medidas e políticas en materia ferroviaria que tomarán nun futuro inmediato.
PLENO
O Pleno municipal aproba inicialmente a ordenanza de ocupación da vía pública
O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria de maio, aprobou inicialmente a nova ordenanza de ocupación da vía pública, abrindo o período de alegacións á mesma. Xa de xeito definitivo e en materia de urbanismo, deuse o visto bo á norma que regulará a inspección técnica de edificacións e aceptouse a delegación da competencia para autorizar intervencións no perímetro azul.