FESTAS
Aberto ata o 4 de maio o prazo para solicitar a colaboración municipal nas festas patronais de barrios e parroquias
As asociacións veciñais teñen ata o venres 4 de maio para presentar cuberta a súa solicitude de colaboración municipal nas festas patronais e populares dos respectivos barrios e parroquias. A posibilidade de elixir entre varias atraccións propostas fóralle manifestada ás entidades veciñais polo propio concelleiro de Participación Cidadá e Festas, Francisco Noya.
TURISMO
Lavacolla terá este verán o maior número de conexións internacionais da súa historia
Lavacolla, o aeroporto central de Galicia, contará este verán co maior número de conexións internacionais da súa historia. As conexións directas dispoñibles serán: Londres, Frankfurt e Milán con Ryanair; París e Zurich con Vueling; Xenebra con Easyjet; Dublín con Aer Lingus; Venecia con Volotea e Caracas con Air Europa.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Vinte e dúas actividades para celebrar o Día das Letras Galegas
O 17 de maio celébrase un novo Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Valentín Paz Andrade. Para conmemorar esta data, o Departamento de Lingua Galega preparou ata 22 actividades para a infancia e mocidade de Compostela. O alcalde compostelán, Ángel Currás, presentou o programa en rolda de prensa.
DEPORTES
O Multiusos do Sar acolle dous seminarios destinados a profesionais do deporte
Os sábados 5 e 12 de maio, o Multiusos Fontes do Sar acollerá dous seminarios destinados a profesionais do deporte: un de fitness personal trainer e outro de actividades dirixidas con soporte musical. O Concello colabora con estes cursos, organizados pola escola de Negocios do Deporte (ENDE).
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Xornada sobre micoloxía no CSC de Conxo
O Centro Sociocultural de Conxo acolle unha Xornada Micolóxica o sábado 28 de abril. Está organizada pola Asociación Micolóxico-Naturalista Pan de Raposo.