PERSOAL
O Concello aforrou máis de 200.000 euros en horas extras de Policía Local e Bombeiros no segundo semestre de 2011
A concelleira de Persoal, Amelia González, ofreceu en rolda de prensa algúns datos sobre o aforro producido nos últimos meses en horas extras da Policía Local e dos Bombeiros e tamén do Parque Móbil municipal. Segundo indicou, estes aforros son consecuencia dunha "mellor reorganización" e realizáronse "sen merma para o funcionamento dos servizos".
BENESTAR SOCIAL
O ciclo "MusiCompostela" comeza co concerto de Vizarros e Vicky Polard
O sábado 10 de marzo, comeza na sala Moon, ubicada na rúa República Arxentina nº 25, o ciclo de concertos sen alcohol MusiCompostela, que se encadra no Plan Local de Prevención de Drogodependencias do Concello de Santiago.
CULTURA
"Chamada desde o máis alá", de Fusa Guillén, no Teatro Principal
Continúa a programación de Teatro&Danza da Concellería de Cultura con Chamada desde o máis alá, de Fusa Guillén. A obra, de Vilano Producións, poderá verse no Teatro Principal o sábado 10, ás 21:00 horas, e as entradas, a 10 € (6 € no anfiteatro) poden mercarse en Novagaliciabanco e nas billeteiras do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 horas.
EMPREGO
Sete cursos formarán a 175 persoas desempregadas na xestión do ciclo da auga
O luns 12 de marzo celebrarase no edificio do Cersia (San Lázaro), a primeira dun grupo de sete xornadas formativas sobre o ciclo da auga. Aquagest (Grupo Agbar) colabora co Concello nesta iniciativa, da que se beneficiarán 175 persoas seleccionadas polos seus perfís profesionais.
MULLER
Continúan as actividades municipais con motivo do Día da Muller
Seguen a celebrarse as actividades organizadas pola Concellería de Familia, Benestar Social e Muller con motivo do Día da Muller. Desta vez celebrouse un obradoiro na praza Roxa un obradoiro de creación de broches.