URBANISMO
Un curso explica os procedementos da nova Ordenanza Reguladora da Inspección Técnica das Edificacións
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, e o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte, inauguraron na sede do COAG o curso "Inspección Técnica de Edificios. Módulo I", que de imparte o 9 e o 10 de novembro.
ALCALDÍA
Docentes e investigadores en Historia da Medicina analizan en Santiago as claves futuras desta disciplina
O alcalde compostelán recibiu en Raxoi os participantes no XVII Simposio da Sociedade Española da Historia da Medicina, que se celebra na Facultade de Medicina os días 9 e 10 de novembro.
ALCALDÍA
O centro de formación da Fundación Laboral converterá Santiago nunha referencia estatal en rehabilitación urbana
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, exerceu de anfitrión na sinatura do convenio entre o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; e o presidente do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral da Construción, Hipólito Trinidad Losada; para a execución dun centro de formación en rehabilitación.
BENESTAR SOCIAL
O colectivo Santiago(é)Noite entrega á Concellería de Benestar Social un vale de 1.000 euros para a Operación Cueiro
A concelleira de Benestar Social e Familia, Paula Prado, recibiu nas instalacións de Hostalería Compostela un vale cambiable por cueiros por valor de 1.000 euros. O presidente de Santiago(é)Noite, Jesús Peón; o membro deste colectivo de Hostalería Compostela, Juan García; e o presidente de Restauración da Asociación, Jesús Sordo, realizaron a entrega.
CULTURA
Babaluva inicia a sección Infantil e Familiar de Teatro&Danza con "Cama e Conto"
A programación do ciclo Teatro&Danza ten unha sección especial chamada Infantil e Familiar, que ofrece o seu primeiro espectáculo o sábado 10 na Zona "C". Trátase de Cama e Conto, de Gonzalo Moure, que pon en escena Babaluva en dúas sesión, ás 18:00 e ás 19:30 horas. As entradas poden mercarse na billeteira do Teatro Principal (aberta a partir das 18:00 horas) ou na propia Zona "C" antes do evento. O prezo de cada entrada é de 5 euros, pero existe unha entrada familiar de 4x3 co cal.../em>
MOBILIDADE
Inicio do prazo de recollida de tarxetas de aparcamento para os residentes das zonas de Sar e San Lourenzo
O Departamento de Tráfico informa que dende o luns, 12 de novembro, os veciños das zonas 6, Sar, e 7, San Lourenzo, que dispoñan da tarxeta de aparcamento de residente de zona verde deberán pasar a recoller a nova que substitúe á anterior.
EDUCACIÓN
O alcalde e a concelleira de Educación escoitaron as demandas dos directores dos centros de infantil e primaria
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, mantiveron unha reunión cos directores dos centros de educación infantil e primaria de Santiago.