CENTROS SOCIOCULTURAIS
Remata a primeira entrega do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela" cunha ruta sobre as orixes da cidade
Este sábado, 1 de decembro, desenvolvese a última ruta da primeira edición do programa educativo Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais. Co título "As orixes de Compostela", este percorrido pecha un trimestre cargado de temas, persoeiros e lugares visitados na cidade. En xaneiro presentarase a nova programación de rutas didacticas, que se realizarán ata o remate de 2013. Nesta nova edición, o programa centrarase no...
FESTAS, DEPORTES E COMERCIO
A pista de xeo abrirase ao público o 5 de decembro cunha xornada de portas abertas
Do 5 de decembro ao 3 de febreiro estará instalada no paseo central da Alameda a pista de xeo. Neste Nadal, a pista duplica o seu tamaño respecto da campaña pasada para facer aínda máis cómoda a patinaxe no recinto, que estará novamente cuberto por unha carpa transparente.
ALCALDÍA
Concello e USC estudarán a redacción dun novo convenio de colaboración
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse co reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long. No encontro, celebrado no Reiterado, fixeron un repaso do convenio de colaboración entre ambas institucións, que data de 2005, co obxectivo de actualizalo e, probablemente, redactar un novo.
CULTURA
Teatro Proscrito presenta "Rosa de dous aromas", de Emilio Carballido
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentou Rosa de dous aromas, de Teatro Proscrito, acompañado das actrices da obra Isabel Blanco e Sabela Hermida. A obra poderase ver o sábado 1 de decembro, a partir das 21:00 horas, no Teatro Principal, dentro do ciclo Teatro&Danza da Concellaría de Cultura.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Inaugurado o tradicional Belén de Conxo
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Barrios, Juan de la Fuente, asistiron á inauguración do Belén de Conxo, situado un ano máis na rúa Torrente.
EDUCACIÓN
A familia Baltar - Boilève cede un piano á Escola Municipal de Música
O salón de actos da Escola Municipal de Música acolleu un acto no que se formalizou a cesión dun piano de cola á institución académica pola familia Baltar – Boilève. Trátase dun piano J. Bach, Rud.Ibach Sohn 1920.