PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Novas rutas didácticas polo Castelo da Rocha, a cerca da cidade e o Modernismo
Continúa desenvolvéndose o programa educativo de rutas didácticas pola cidade e as parroquias Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá.
PLENO
O Pleno aproba inicialmente a conxelación dos tributos municipais para o ano 2013 e o pago do IBI en tres prazos
O Pleno municipal aprobou nunha sesión extraordinaria as ordenanzas fiscais para o exercicio 2013. A principal característica destes tributos é que permanecerán conxelados un ano máis e a nova posibilidade do fraccionamento do pago do Imposto de Bens Inmobles (IBI) ata en tres prazos.
ALCALDÍA
O alcalde escoitou as demandas dos veciños do barrio de Guadalupe
O alcalde compostelán recibiu a Asociación de Veciños A Ponderosa, de Guadalupe. Os representantes veciñais expuxéronlle a Ángel Currás, as demandas máis urxentes para o barrio.
XUVENTUDE
Xuventude programa novas accións formativas en novembro e decembro
O concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, presentou a proposta de actividades do Departamento para os meses de novembro e decembro. Incluíronse accións formativas en materias como o coaching laboral ou a fotografía e un programa de obradoiros enmarcados especialmente no Nadal.
XUNTA DE GOBERNO
Máis de 100.000 euros para obras de mellora en vieiros do rural compostelán
A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria, aprobou as obras a desenvolver en varias parroquias do rural no marco do Programa Estratéxico de Infraestruturas do Rural (PEIM), da Consellería do Medio Rural e do Mar. Ademais, aprobouse a cesión de uso gratuíta de dous pisos á Asociación de Doenzas Cerebrais Santa Marta e a Red Madre.