MEDIO AMBIENTE
Seis composteiros municipais producirán abono natural a partir dos restos vexetais recollidos nas áreas verdes da cidade
O primeiro composteiro municipal da rede Composteiros de Compostela púxose en marcha na Selva Negra, nun acto presidido pola concelleira de Medio Ambiente, María Castelao. Esta rede permitirá a instalación doutros cinco puntos máis de produción de cómpost libre de produtos fitosanitarios obtido dos restos vexetais recollidos nas tarefas de mantemento das áreas verdes.
URBANISMO
O Plan Especial da Cidade Histórica será modificado para diversificar os usos comercias e revitalizar a zona vella
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou que o seu Departamento iniciou a tramitación dunha modificación do Plan Especial de Protección da Cidade Histórica co fin de autorizar no seu ámbito usos comerciais exclusivos. Deste xeito, permitiríase un uso comercial máis aló da planta baixa, permitindo determinados negocios que precisan de superficies máis amplas que as dispoñibles actualmente.
CULTURA
Fanfarlo ofrece o seu único concerto en Galicia dentro do Compostela Rock
Fanfarlo, o grupo revelación do mellor indie británico, presenta o seu novo disco, Rooms filled with light, o venres 19 dentro do Compostela Rock. Será o seu único concerto en Galicia e a Sala Capitol abrirá as súas portas ás 20:00 horas para que a actuación comece, aproximadamente, ás 21:15 horas.