CENTROS SOCIOCULTURAIS
aCentral Folque leva un ano máis o ensino da música tradicional aos centros socioculturais
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e a directora e coordinadora da Escola Libre de Música Popular Galega (MPG, Gemma Pérez, presentaron o calendario de actividades formativas que se desenvolverán nos centros socioculturais conxuntamente con aCentral Folque
COMERCIO
Sesenta e sete comercios participan no primeiro Santiago Stock
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou o primeiro Santiago Stock, O teu punto de encontro aos mellores prezos, que se celebrará durante toda a primeira semana de outubro. A concelleira estivo acompañada de representantes das asociacións comerciais da cidade: Compostela Monumental, Santiago Centro, Esperta Conxo e Em-Rede.
ECONOMÍA
Clausuradas as xornadas para emprendedores "Ata onde queres chegar?"
A concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, e o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, asistiron á clausura das xornadas Ata onde queres chegar?, do Club Emprende MAS, nas que partiparon mozos e mozas entre 17 e 35 anos, emprendedores e persoas desempregadas.
ALCALDÍA
O alcalde valora que os orzamentos do Estado para 2013 manteñan os compromisos cos proxectos da cidade
Na súa primeira valoración dos orzamentos do Estado para 2013, o alcalde compostelán, Ángel Currás, expresou a súa satisfacción polo feito de que o Goberno central "manteña os seus compromisos con Santiago" nestes momentos de "especial dificultade". "Todos desexariamos máis, pero o escenario económico non o permite", dixo.