COMERCIO
O programa "Volta ao cole" promoverá as compras de outono nos comercios de Santiago de Compostela
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Concurso de promoción comercial Volta ao cole, aprobado en Xunta de Goberno. Este programa pretende potenciar as compras nos establecementos comerciais na cidade durante o outono, promover a adaptación dos comercios ao mercado actual e estimular a implantación de estratexias encamiñadas á satisfacción dos consumidores.
ALCALDÍA
Os Institutos Históricos de Galicia poñen en valor o seu patrimonio
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, recibiron en Raxoi os participantes nas IV Xornadas de Institutos Históricos: cultura, educación e patrimonio.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o protocolo de pernocta nos pavillóns deportivos municipais
A Xunta de Goberno aprobou o protocolo para o uso dos pavillóns polideportivos municipais como lugares de pernocta alternativos. Na mesma sesión, deuse o visto bo a diversas contratacións e autorizáronse as novas tarifas do servizo de taxi.
ALCALDÍA
O alcalde agradece ao Corpo Nacional de Policía a súa contribución a facer de Santiago unha cidade segura
O Corpo Nacional de Policía realizou un acto conxunto no que se presentaron os Grupos Operativos Especiais de Seguridade (GOES) e se entregaron os diplomas de recoñecemento a xubilados da Xefatura Superior de Policía de Galicia.
MEDIO AMBIENTE E CIDADE HISTÓRICA
Ábrese o prazo para votar o mellor balcón do II Concurso de Balcóns "Flores na cidade"
Unha vez rematado o prazo de presentación para o II Concurso de Balcóns "Flores na Cidade", ábrese o prazo de votacións para elixir o premio do público ao mellor balcón de entre os 64 inscritos. Poderá facerse dende o 7 de xullo, ás 8:00 horas, ata o 15 de xullo a través dun enlace nesta páxina web. No microsite ao que este remite poden verse as bases do concurso e as fotografías dos balcóns inscritos, e votar as...
CIRCULACIÓN VIARIA E INFRAESTRUTURAS
Vite e Santa Marta serán das primeiras áreas nas que entrará en vigor a nova ordenanza reguladora do aparcamento
Tal e como se comprometeu o alcalde cos veciños, Vite e Santa Marta serán das primeiras zonas nas que se poña en funcionamento a nova Ordenanza Reguladora do Aparcamento, na que se prioriza o uso das prazas dispoñibles por parte dos residentes.