FESTAS
Yolanda Castaño e Jorge Mira convidan a veciños e visitantes a celebrar "a páxina máis alegre do libro vivo de Santiago"
As Festas do Apóstolo comezaron esta noite co pregón a cargo de Yolanda Castaño e Jorge Mira, que deu paso ao concerto gratuíto do asturiano Melendi. Foi o primeiro dos 16 días de festas que agardan aos composteláns e visitantes, con máis de 20 de actuacións musicais e multitude de actividades.
CIRCULACIÓN VIARIA E INFRAESTRUTURAS
O Hórreo conta xa con dous carrís por cada sentido en superficie
Os concelleiros de Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano, e de Infraestruturas, Bernardino Rama, acompañados do xefe da Policía Local, Norberto Villaverde, explicaron en rolda de prensa diversas alteracións de tráfico con motivo das obras en marcha na cidade. En concreto, afectan ás intervencións do túnel do Hórreo, as rúas República do Salvador e López Ferreiro (FEESL) e nos accesos á cidade de Choupana e Galeras.
ALCALDÍA
O alcalde presenta a actuación máis ambiciosa de recuperación medioambiental no entorno da cidade histórica
O alcalde, Xosé A. Sáchez Bugallo, presentou o Plan Especial de Ordenación, Protección, Mellora Medioambiental e Acondicionamento das Brañas do Sar, que definiu como "a actuación máis ambiciosa de recuperación medioambiental no contorno da cidade histórica". Froito da colaboración institucional co Consorcio, este organismo incluíu na súa programación 2007/2010 a intervención nas Brañas do Sar.
ALCALDÍA
Agradecemento ao traballo das directoras dos colexios San Jorge e Colexiata de Sar
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ás ata agora directoras dos colexios de primaria San Jorge e Colexiata de Sar, Felicia Costas Lombardía e Victoria Vázquez Romero, que deixan o seu cargo por xubilación.
MEDIO AMBIENTE E CIDADE HISTÓRICA
O II Concurso de Balcóns da Cidade Histórica de Santiago xa ten gañadores
O II Concurso de Balcóns da Cidade Histórica de Santiago, que organizan as concellerías de Medio Ambiente e de Cidade Histórica, xa ten gañadores. O 1º Premio recibiuno o balcón da praza de Cervantes, nº 8, de Manuel Mucientes Iglesias. Recibirá un diploma, plantas e materiais de xardinería por valor de 200 euros.