ALCALDÍA
Santiago, protagonista do luns de Pascua de Padrón
As festas da Pascua de Padrón dedicaron un día a Santiago como en cada edición. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a Corporación municipal desprazáronse ata esta vila para vivir cos seus veciños esta tradicional celebración.
CULTURA
Compostela, capital mundial da maxia na III Semana Internacional do Ilusionismo
Presentouse en Raxoi Compostela Máxica 09. III Semana Internacional do Ilusionismo', que se celebrará do 19 ao 25 de abril e achegará á cidade os mellores magos galegos e internacionais. Santiago convértese así durante unha semana na capital mundial da maxia.
ALCALDÍA
O Concello ten fixadas inversións inmediatas entorno aos 6.500.000 euros para o Casco Histórico
En relación coas manifestacións feitas públicas polo xerente da asociación Compostela Monumental acusando ao Concello de mala xestión en relación co Casco Histórico, desde o Goberno Municipal puntualizamos que desde a aprobación do Pan Especial do Casco Histórico no 1997, e con anterioridade cos plans pontes executados, a tutela e xestión da rehabilitación do mesmo foi e segue sendo unha iniciativa estritamente municipal executada polo Consorcio da Cidade. No presente, o balance arroxa máis do 60% das vivendas...
EMPREGO
A Concellaría de Promoción Económica abre o prazo de inscrición en catro cursos do Plan de Formación 2009
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo abriu o 13 de abril o prazo para apuntarse en catro dos 26 cursos cos que conta o Plan de formación e mellora de competitividade para os sectores industrial, da construción, e do comercio e a hostalería para o ano 2009.