FESTAS
Centos de persoas inundarán as rúas de Compostela vestidos co tradicional traxe galego o mércores 23 de xullo
O concelleiro de Xuventude e Festas, Xosé Baqueiro; a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Domínguez; e un representante de El Corte Inglés, José Manuel Blanco, presentaron esta mañá en rolda de prensa a trixésima edición do Día do Traxe Galego, que terá lugar dentro do marco das Festas do Apóstolo o próximo mércores, 23 de xullo. Pilar Domínguez fixo un percorrido pola historia desta celebración e lembrou as figuras de Manuel Beiras e José Luis Míguez,...
ALCALDÍA
O alcalde, satisfeito polo anuncio da nova fundación mixta da Cidade da Cultura
Considera "un acerto" o sistema mixto escollido, así como a designación de Juan Manuel Urgoiti, presidente do Banco Gallego, para xestionar a nova fundación, pois será "unha garantía de racionalidade e unha aposta polo éxito".
FESTAS
Santiago reunirá este mes aos mellores ciclistas en ruta sub-23 e junior de España
Os vindeiros días 12 e 26 de xullo, a cidade compostelá acollerá nas súas rúas a celebración do Campionato de España de ciclismo en ruta. Con tal motivo, o Concello brindou unha recepción aos organizadores, encabezados polo presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo. O concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, agradeceu en nome do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a elección de Santiago como cidade acolledora das probas.