MERCADOS
Máis de 250 postos converterán a cidade histórica nun mercado medieval
O concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, presentou o programa definitivo do Mercado Medieval que ocupará varias rúas da cidade histórica entre o 3 o 6 de xullo. Serán máis de 250 postos os que ofrecerán os seus artigos aos visitantes en catro xornadas cheas de actividades propias da época.
EDUCACIÓN
Douscentos rapaces aprenden inglés dun xeito lúdico na Escola de Verán de Inglés
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, inaugurou no IES Rosalía de Castro unha nova edición da Escola Municipal de Verán de Inglés. Abrirá as súas portas durante todo mes de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
XUVENTUDE
Xuventude programa diversas ctividades acuáticas e de aventura para o verán
A Concellería de Xuventude pon en marcha Veránxoven’08, un programa de actividades de tempo libre para o mes de xullo destinado aos mozos de Compostela. O máis novidoso da proposta é que a oferta se centra en accións vinculadas á aventura e á auga, polo que se desenvolverán fóra da propia cidade.
EDUCACIÓN
O alcalde confirma que o Instituto Politécnico de Conxo manterá o bacharelato para adultos
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, mantivo unha xuntanza coa Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, na que se trataron diversos temas do seu departamento en relación con Santiago de Compostela.
EMPREGO
Sesenta e catro persoas desempregadas fórmanse a través dos cursos FIP que imparte Promoción Económica
A Concellaría de Promoción Económica e Emprego está a desenvolver seis cursos do Plan FIP (Formación e Inserción Profesional), nos que se forman 64 persoas desempregadas. Dende que empezaron a impartirse estas especialidades, 12 alumnos incorporáronse ao mercado laboral. Os cursos, cofinanciados pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo, e polo Fondo Social Europeo son: Cantería, Carpintería, Xardinería, Instalador de sistemas de enerxía solar térmica e Electricista de edificios.
MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente presenta "Flores na Cidade" para repartir plantas na Cidade Histórica
A Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel de Santiago, en colaboración coa Concellaría de Rehabilitación e Cidade Histórica, impulsan o programa Flores na Cidade. A iniciativa será coordenada desde o departamento de Parques e Xardíns e pretende encher de flores os balcóns e xanelas da Zona Vella de Santiago.
CULTURA
O barrio do Ensanche acolle a súa primeira Festa Cidadá
Presentouse na Praza Roxa a primeira Festa Cidadá do Ensanche, que se celebrará o sábado 5 de xullo ao logo de toda a xornada. No acto estiveron presentes a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, o presidente da Asociación de Veciños Raigame, Xaquín Mato, e o secretario da Fundación Santiago Centro, Delmiro Prieto.