PROMOCIÓN ECONÓMICA
Un novo programa favorecerá a inserción laboral en Compostela dos alumnos con mellores expedientes universitarios
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, acompañado do vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Santiago, Lourenzo Fernández Prieto, e do presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, Jesús Chenel Noya presentou o Programa de formación e prácticas en empresas para alumnas/os de excelencia académica da USC.
EDUCACIÓN
Os máis novos achéganse á Banda Municipal de Música
A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, e o director da Banda Municipal de Santiago, Casiano Mouriño, presentaron un novo ciclo de concertos didácticos. Neste caso o obxectivo é achegar aos máis novos a unha das institucións máis populares da cidade, a súa Banda Municipal de Música.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica fomenta o investimento en publicidade do sector comercial da cidade
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, asinou catro convenios de colaboración con Cadena COPE-Radio Popular, Cadena Ser-Radio Galicia, Grupo Correo Gallego, e Onda Cero-Europa FM, para o fomento do investimento en publicidade por parte do sector comercial do Concello de Santiago. En vindeiras datas está previsto que asinen o convenio Compostelavisión, S.L. (Localia) e o Grupo Voz.
PERSOAL
Despedida ao interventor municipal
Despois dunha longa traxectoria como interventor municipal, Albino Otero Iglesias deixa o seu cargo por xubilación.
TURISMO
Oitenta e sete empresas compostelás reciben o certificado de calidade turística do SICTED
A Mesa de Calidade Turística de Santiago entregará o xoves 10 de maio os diplomas e distintivos do SICTED ás 87 empresas compostelás que concluíron exitosamente a auditoría de control da súa calidade no 2006.
BENESTAR SOCIAL
Entrega de premios aos rapaces e rapazas que participaron no torneo de fútbol do Programa de educadores de rúa
O Programa de educadores de rúa concluíu unha das súas actividades, o torneo de fútbol sala, coa entrega de premios aos participantes. A Concellería de Benestar Social puxo en marcha esta experiencia piloto no mes de xaneiro e nela están a participar 150 rapaces e rapazas do barrio de Fontiñas, que están a disfrutar dun ocio alternativo e saudable.
ALCALDÍA
Compostela acolle as X Xornadas Españolas de Documentación
"E-información. Integración e rendibilidade nun entorno dixital" é o lema das "X Xornadas Españolas de Documentación", que se celebran no Palacio de Congresos entre o 9 e o 11 de maio.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Inaugurada en Enfesta a última exposición da primeira fase de "A historia vai por barrios"
A parroquia de Enfesta é a protagonista da última das exposicións da primeira fase de "A historia vai por barrios", despois das que pasaron por San Pedro, A Rocha, Villestro, Vite e o Ensanche. No seu local sociocultural, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a mostra, que permanecerá aberta ata o 10 de xuño.
ALCALDÍA
Os hostaleiros composteláns celebraron a festividade da súa patroa
No Hotel Los Abetos, a Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago de Compostela e Comarca celebrou a festividade de Santa Marta, patroa de Hostalería.
FESTAS
Van Morrison, La Quinta Estación e Macaco nas festas da Ascensión
O concerto de Van Morrison o sábado 19 de maio e as actuacións de balde de La Quinta Estación, Macaco ou Gisela serán os pratos dunha nova edición das festas da Ascensión, que se celebrarán do 15 ao 25 de maio. O programa foi presentado polo concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, quen indicou que estaba pensando "para nenos e maiores, para composteláns e visitantes".