PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Servizo de Atención Temperá informa a educadores e familias sobre os problemas que afectan aos menores
O Servizo de desenvolvemento infantil e atención temperá da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, formado por unha psicopedagoga, 1 mestra de infantil e unha psicóloga, comezou o 23 de maio unha serie de sesións informativas en seis escolas infantís de Santiago, destinadas ás familias e aos educadores. Abordan tres temas: problemas de conduta, sobreportección de menores e adaptación á escola infantil.
ALCALDÍA
Escolas católicas de setenta países debaten o seu futuro en Compostela
Santiago acolle ata o venres 25 de maio a Asemblea Mundial das Escolas Católicas, promovida pola Oficina Internacional da Educación Católica (OIEC).
DEPORTES
O alcalde recibirá en Raxoi ao Beirasar Rosalía
Tempo de celebracións no deporte compostelán e do baloncesto en particular, tralo ascenso do Beirasar Rosalía á Adecco LEB. Despois da vitoria en Ourense, que supuxo o 3-0 definitivo na eliminatoria, xogadores, técnicos e directiva brindan o éxito á cidade.
EDUCACIÓN E CULTURA
Comezan os concertos didácticos da Banda Municipal
O venres 25 de maio, no Auditorio de Galicia, terá lugar o primeiro concerto do ciclo de concertos didácticos que organizan os departamentos de Educación e Mocidade e Cultura, xunto coa Banda Municipal de Música de Santiago.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
As empresas teñen de prazo ata o 16 de xuño para solicitar axudas para contratar alumnos de excelencia académica
Ata o 16 de xuño está aberto o prazo para que as empresas soliciten as axudas previstas no Programa de formación e prácticas en empresas para alumnas/os de excelencia académica da USC.