CULTURA
A actuación de Europa Galante e Fabio Biondi abre o festival "Vía Stellae"
O I Festival de Música de Compostela e os seus Camiños, "Vía Stellae", bota a andar o mércores 5 de xullo cun concerto de Europa Galante e Fabio Biondi no Auditorio de Galicia. Entre o 5 e o 25 de xullo, este encontro difundirá a música clásica a través de 43 concertos en Santiago e en varias cidades polas que transcorren as rotas xacobeas.
TURISMO
Volven ás rúas os ‘chaquetas vermellas’
Turismo de Santiago, en colaboración coa Oficina de Voluntariado e o Consello Social da Universidade de Santiago, reforza os seus servizos de información en temporada cos ‘chaquetas vermellas’, que estarán nas rúas compostelás ata o 27 de agosto.
FESTAS
O actor santiagués Manuel San Martín fará o pregón das festas do Apóstolo, o día 14
O programa abrangue 18 días de festa, máis de 60 actividades e presenta artistas de gran prestixio e actualidade como Rosa, La Oreja de Van Gogh, Coti ou Joaquín Cortés, entre outros.
EIXO ATLÁNTICO
Unha serie documental analiza o Eixo Atlántico como polo de desenvolvemento
O proxecto audiovisual aborda a evolución da Eurorexión Atlántica.