CASCO HISTÓRICO
As cidades brasileiras de Olinda e Juiz de Fora toman nota do modelo urbano de Compostela
O modelo de rehabilitación da cidade histórica segue a ser un referente internacional. Así quedou de relevo unha vez máis na reunión mantida pola concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, e polo arquitecto responsable da Oficina Municipal de Conservación e Rehabilitación da Cidade Histórica, Javier Fernández, cos seus socios do proxecto "Pagus-Al 2" (Programa Urb.-Al) na cidade brasileira de Olinda.
INMIGRACIÓN
Uruguai crea un rexistro cívico para os seus residentes no exterior
Os preto de 7.000 uruguaios residentes en Galicia poderán inscribirse nun rexistro cívico, que facilitará a súa localización e a prestación dunha serie de servizos para os mesmos. Este rexistro foi presentado pola concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, e polo cónsul xeral de Uruguai en Galicia, Gonzalo Koncke.
FESTAS
Leilía presenta o espectáculo "Cantar ao vivo", creado especificamente para as Festas do Apóstolo
Leilía presenta o xoves 20 na Quintana, 10:30 horas, un espectáculo único para as Festas do Apóstolo. Unha hora e media para goce dos sentidos a través das súas voces e pandeiretas. Para esta ocasión tan especial, as cinco compoñentes de Leilía nos están soas. Contarán coa colaboración de grandes amigos que crearán un ambiente máxico no escenario. Antón Seoane e Nando Casal (Milladoiro), Pepe Freiz e Israel Rego (Alecrín), Xosé Manuel Budiño e Eric Liorzou de Bleizi...
TURISMO
A música e as curtametraxes toman a Praza do Toural
O xoves 20 de xullo, a partir das 22:00 horas, a Praza do Toural énchese de música e cine en curta. Comeza o programa CurtoCircuíto na Rúa’06 que cada xoves converterá unha prazas tradicionais de Compostela nun lugar de encontro para poder gozar de proxeccións e música a cargo de recoñecidos DJ’s. Unha festa de son, luces e cinema aberta a tódolos veciños e visitantes.