EDUCACIÓN
Ferradura Aberta comeza o martes con novas actividades
Entre o 11 e o 28 de xullo a Alameda de Santiago ten a súa cita anual con Ferradura Aberta. A decimoterceira edición do programa, que organiza o departamento de Educación, desenvolverase todas as tardes de luns a venres e incluirá un espazo para os pais.
MEDIO AMBIENTE
En marcha a campaña "Ecocomercio"
Máis de 1.000 comercios do Ensanche e do Casco Histórico están xa a beneficiarse da campaña "Ecocomercio", unha iniciativa dirixida a sensibilizar aos comerciantes do municipio sobre a importancia da recuperación dos envases de papel e de cartón que xeran na súa actividade e a facilitarlles a recollida deste tipo de envases. O proxecto, desenvolvido polo Concello de Santiago, en colaboración con Ecoembes e Aspapel, prolongarase arredor de tres semanas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O financiamento das empresas de economía social, a debate no Auditorio
Santiago de Compostela acolle o primeiro dos seminarios temáticos previstos no plan de traballo transnacional do proxecto "Compostela Social. Talleres de Empresarios/as para a Inserción Sociolaboral". O encontro, que se celebra o luns 10 e o martes 11, aborda o tema dos instrumentos de financiamento para as empresas de economía social.
FUNDACIÓN GRANELL
"Santiago no Museo Granell": viaxe a través de diferentes interpretacións da figura do Apóstolo
O segundo andar do Pazo de Bendaña, sede da Fundación Granell, acolle a exposición "Santiago no Museo Granell". A través de pezas en formatos e técnicas diferentes, a mostra propón unha pequena viaxe a través da ollada que diferentes culturas fan da icona cultural da nosa cidade, o Apóstolo Santiago.
XUNTA DE GOBERNO
Apróbase a modificación do proxecto de urbanización das rúas Diego de Muros e Rodríguez Carracido
A Xunta de Goberno Local, presidida polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou a modificación do proxecto de reurbanización das rúas Diego de Muros e Rodríguez Carracido, nos tramos non afectados polo aparcadoiro soterrado da Praza Roxa. Con este cambio, o orzamento do proxecto queda en 449.589 euros.