MEDIO AMBIENTE
O comité directivo do proxecto Parques Urbanos Atlánticos-Parkatlantic constitúe un Laboratorio Virtual Urbano
A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, xunto co xefe de Parques e Xardíns, José Antonio Mosquera, e o técnico de Medio Ambiente, Ángel Pérez Otero, participan na xuntanza ordinaria do Comité de Directivo do Proxecto Parques Urbanos Atlánticos-Parkatlantic en Angers.
TURISMO
Último fin de semana de "Santiago(é)Tapas"
A terceira edición de Santiago(é)Tapas chega a súa derradeira fin de semana nesta edición especial con motivo do Ano Santo Compostelán, na que se ampliou a duración do concurso de 17 a 24 días e se introduciron múltiples novidades.
ALCALDÍA
Concello e Xunta poñen en marcha un programa de información e orientación laboral dirixido a inmigrantes
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, asinaron no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración no que o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia acordan realizar un programa dirixido a orientar a inmigrantes de cara á súa inserción laboral e que conta cun orzamento total de 90.000 euros.
ALCALDÍA
Compostela e Cacém estreitan os seus lazos a través do programa Santiago-Une
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou o programa Santiago-Une, incluído no Plan de Difusión Exterior de Compostela, na cidade lusa de Santiago do Cacém, e participou nunhas xornadas de encontro entre ambas urbes irmandadas.
XUVENTUDE
A Concellaría de Xuventude ultima os preparativos para iniciar o servizo de voluntariado nos meses de verán
O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, presentou o programa de voluntariado Compostelaxove 2010, acompañado polo director xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro. O programa realízase en colaboración con varios colectivos sociais da cidade, como son IGAXÉS3, Centro Xuvenil Don Bosco, Xeneme e o Club "Só lles falta falar".