ALCALDÍA
Urbaser colaborará co Concello para valar o perímetro do vertedoiro clausurado de Aríns
O alcalde compostelán, Ángel Currás, conversou co director xeral de Urbaser, José María López Piñol, nunha reunión á que tamén asistiron os concelleiros María Castelao e Juan de la Fuente. Da xuntanza saíu o compromiso de colaboración da empresa concesionaria do servizo de limpeza e recollida do lizo para valar o vertedoiro de Aríns e para impedir os vertidos ilegais no entorno do mesmo.
ALCALDÍA
Santiago será a sede da vindeira xuntanza técnica de xestores do patrimonio mundial os días 23 e 24 de outubro
Santiago de Compostela será a sede da vindeira xuntanza técnica de xestores do patrimonio mundial, que ten previsto celebrarse os días 23 e 24 de outubro deste mesmo ano, dentro dos actos de celebración do 40 aniversario da Convención do Patrimonio Mundial da Unesco.
ALCALDÍA
A cidade acollerá un congreso sobre Rosalía de Castro con motivo do 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos"
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi co novo equipo directivo da Fundación Rosalía de Castro, encabezado polo seu presidente, Anxo Angueira, e o tesoureiro, Justo Cortizo. O Concello seguirá colaborando con esta entidade, á que achega unha subvención de 4.000 euros.
EMPREGO
Paula Prado salienta a "maior calidade" das 211 ofertas de traballo xa confirmadas para a II Feira Internacional de Emprego
A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, fixo balance do recrutamento de empresas e ofertas de traballo para a II Feira Internacional de Emprego (FIE), que se celebrará os días 19 e 20 de xullo no Pavillón Multiusos Fontes de Sar, un evento impulsado dende a Axencia Local de Colocación. A día de hoxe, xa está confirmada a asistencia dun total de 39 empresas, que ofertarán 211 postos de traballo.
ECONOMÍA
O Concello de Santiago e a AJE estreitan lazos de colaboración
A concelleira de Economía e Comercio, Reyes Leis, mantivo unha xuntanza coa directiva de A Coruña Jóvenes Empresarios (AJE), na que lle trasladou o "apoio total" da Corporación municipal compostelaá ás iniciativas dos emprendedores da provincia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O CSC do Ensanche amosa os traballos do artista e animador sociocultural Luís González, Chemical Orange
O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche acolle dende o 9 de xullo a exposición The Chemical Orange AKA Luís González: A arte de comunicar a cultura, que recolle a obra de deseño gráfico, grafiti dixital e vídeo creacións do artista e animador sociocultural Luís César Romero González, que formaba parte do equipo de animación deste centro ata o seu falecemento o pasado 12 de xullo de 2011.
CONSORCIO
Unha nova exposición na Casa do Cabido invita a facer "memoria de Compostela"
O edificio barroco da Casado Cabido acolle dende esta xornada unha nova exposición. Baixo o título de Memoria de Compostela, o Consorcio de Santiago ideou unha mostra na que se invita ao visitante a realizar un singular percorrido pola historia de Santiago a partir de vellas fotografías e dos primeiros rótulos que conformaron o rueiro da cidade e que se gardan no depósito do Concello.
FESTAS
Os establecementos hostaleiros da Quintana súmanse ás Festas do Apóstolo coa organización de dous concertos
"Quintana de Vivos" é o título baixo o que se engloban dous concertos incluídos nesta Festas do Apóstolo. A peculiaridade destes dous espectáculos, os días 27 e 30 de xullo, é que, por primeira vez nas Festas, serán organizados por establecementos hostaleiros da cidade, neste caso polos catro da praza da Quintana.
EMPREGO
Máis de 30 empresas confirmaron xa a súa presenza na Feira Internacional de Emprego
Os días 19 e 20 de xullo, o Pavillón Multiusos Fontes do Sar acollerá por segundo ano consecutivo a Feira Internacional de Emprego de Santiago de Compostela (FIE), un evento impulsado dende a Axencia Local de Colocación. Nesta segunda edición, que supón unha continuidade do proxecto emprendido en 2011 pola Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego do Concello de Santiago para dinamizar o mercado laboral da cidade, hai xa confirmada a asistencia dun total de 33 empresas, pertencentes a sectores tan diversos como a...
ALCALDÍA
O alcalde afirma que "a Mancomunidade non pode continuar na mesma situación"
O alcalde compostelán, Ángel Currás, indicou sobre o futuro da Mancomunidade de Santiago que "haberá que plantexarse o seu futuro" e que esta será "unha decisión que teremos que tomar entre os sete concellos que forman parte dela". O que si ten claro o rexedor municipal é que a entidade "non pode continuar na mesma situación".