XUNTA DE GOBERNO
Novas obras na Casa das Asociacións Veciñais e na Ludoteca
O Goberno local adxudicou novas obras na Casa das Asociacións Veciñais e na Ludoteca municipal. Trátase de acometer os respectivos proxectos modificados, necesarios para rematar as dúas instalacións.
MEDIO AMBIENTE
Outorgadas as 29 autorizacións de uso das hortas municipais de Belvís
A Xunta de Goberno local outorgou as 29 autorizacións de uso das hortas municipais de Belvís, así como a lista de agarda. Estas concesións fanse a proposta da comisión avaliadora, que determinou aqueles usuarios que cumprían as condicións de acceso.
DEPORTES
Parabéns do alcalde para o Cidade de Santiago
A directiva, o cadro técnico e os xogadores do club Cidade de Santiago foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, un día despois de conseguir o ascenso á Segunda División B.
TURISMO
Máis de trinta hostaleiros fórmanse no curso de Tapas de "Santiago(é)Tapas"
Máis de 30 bares e restaurantes de Compostela participaron no Curso de Tapas, que a Concellaría de Promoción Económica e Turismo organizou o luns16 no Centro de Formación Profesional de Lamas de Abade, como unha actividade formativa complementaria ao I Concurso de Tapas Santiago(é)Tapas. Con este curso búscase que os estabelecementos participantes poidan afondar no mundo das tapas de cara ao Concurso de Tapas, que se desenvolverá entre o 28 de xuño e o 13 de xullo.
ALCALDÍA
O alcalde reitera o compromiso de construír un campo de herba artificial en Villestro
O alcalde compostelán inaugurou a exposición sobre os 25 anos da SD Villestro. No acto, celebrado no Centro Sociocultural de Villestro, Sánchez Bugallo aproveitou para reiterarlles aos veciños da parroquia o compromiso do Concello de construír un campo de herba artificial.
CULTURA
O colectivo LGBT celebra unha edición do seu día en prol da igualdade de dereitos
Con motivo da celebración do Día do Orgullo LGBT (lésbico, gai, bisexual e transexual), o sábado 28 de xuño, a Concellería de Cultura e a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da Xunta prepararon un calendario de actividades co obxectivo de contribuír a impulsar a unha igualdade de dereitos efectiva.
EDUCACIÓN
Os nenos da Escola Infantil de Conxo expoñen o seu labor artístico
Os rapaces e rapazas de 3 a 6 anos da Escola Infantil Municipal de Conxo, que forman parte dende hai 3 anos do Obradoiro de arte, expoñen unha pequena mostra do seu labor artístico no Centro Sociocultural Aurelio Aguirre. Estará aberta ata o 25 de xuño.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo agradece as xestións do presidente da Xunta para a elección de Santiago na iniciativa Urbana
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, agradeceu as xestións do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para que o proxecto Urbana Santiago Norte fora finalmente elixido para ser financiado no marco da iniciativa comunitaria Urbana 2007-2013.
TURISMO
Dúas semanas para participar no Concurso de Curtas de "Curtocircuíto"
O venres 27 de xuño é a data límite para inscribir curtametraxes no Concurso Internacional de Curtametraxes de Curtocircuíto, unha iniciativa da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e da Concellaría de Cultura.
CULTURA
Preséntase o calendario de constitución do Consello Compostela Cultura
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, reunirase o luns 16 de xuño, ás 20:00 horas, no Auditorio de Galicia, con representantes do tecido asociativo do mundo cultural compostelán. Na xuntanza informará sobre as alegacións formuladas na fase de exposición pública do Regulamento do Consello de Compostela Cultura, un texto que xa foi aprobado no 29 de maio no Pleno do Concello de Santiago.