COMERCIO

O Concello convoca os premios do comercio compostelán 2014

12/03/2014

Por terceira ocasión, a figura conmemorativa seleccionarase nun concurso dirixido aos artesáns composteláns adheridos á marca Artesanía de Galicia. Mantense a temática arredor do cine "Santiago ten un comercio de cine", para a promoción do concurso, cun gran éxito no 2013. Así como a web www.santiagocomerciodecine.com.

Leer más

TURISMO

Turismo colabora cos premios Mágnum do viño galego, que se entregarán no Gaiás o 18 de marzo

12/03/2014

Os galardóns recoñecen o traballo dos mellores do universo vitivinícola galego a través de seis categorías: mellor viño, mellor viño revelación, mellor bodega, mellor labor de divulgación, mellor sumiller e un premio honorífico. A IV gala de entrega dos premios promovidos polo Instituto Galego do Viño reunirá na Cidade da Cultura a 200 profesionais do sector. Á rolda de prensa de presentación asistiu a concelleira de Turismo, Reyes Leis.

Leer más
Compartir: