DEPORTES
O Goberno municipal aborda a reforma integral do Vero Boquete para converter Santiago "na capital do deporte"
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá en rolda de prensa un proxecto de reforma integral para o Estadio Municipal Verónica Boquete, ubicado no compostelán barrio de San Lázaro. Trátase dun plan cuxo investimento acadaría os 9,3 millóns de euros, un proxecto "ambicioso" a medio e longo prazo que este Goberno quere abordar para converter Compostela "na capital do deporte".
ALCALDÍA
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Barcelona o pasado 3 de xuño, vítima de violencia de xénero.
DEPORTES
A Xunta de Goberno local aproba as bases da convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases reguladoras da convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas e físicas durante a tempada 2024-2025.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago celebra a Semana da Administración Aberta cunha visita guiada á súa sede e algunhas das súas últimas intervencións
O Pazo de Raxoi, a Igrexa de San Fructuoso, o Museo do Pobo Galego e as piscinas do Sar serán os destinos do percorrido que terá lugar o mércores 12 de xuño.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello de Santiago continúa coa tramitación da nova ordenanza complementaria de usos en vivenda habitual
O executivo municipal dá un novo paso para a aprobación da nova ordenanza que promoverá e favorecerá o acceso á vivenda. A Xunta de Goberno local deu hoxe luz verde á ordenanza complementaria sobre usos de hospedaxe asimilados ao de vivenda, que se elevará ao pleno municipal nas vindeiras semanas tras o período de estudo.
SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
Constitúese a Comisión especial para mellorar a xestión do ciclo integral da auga no Concello de Santiago
O Pazo de Raxoi acolleu esta maña a sesión constitutiva da Comisión especial encargada de analizar a forma máis eficiente e sostible para a xestión do ciclo integral da auga no Concello de Santiago. Na xuntanza de hoxe, que contou coa participación da alcaldesa, representantes dos grupos políticos municipais e persoal técnico do Concello, tamén se abordou o réxime de sesións, a análise da situación de partida e a toma de decisións.
CAPITAL CULTURAL
A autora palestina Adania Shibili e a bretoa Nolwenn Korbell, novas incorporacións ao Xardín das pedras que falan
‘O xardín das pedras que falan’ incorpora desde esta tarde dúas novas voces poéticas, a da palestina Adania Shibili e a da bretoa Nolwenn Korbell. As pedras cos seus textos, en árabe e en bretón, foron descubertas nun acto público presidido pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e no que tamén participaron, o poeta e director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da USC, Claudio Rodríguez Fer, e a ensaísta e catedrática de Francés, María Lopo.
CAPITAL CULTURAL
Compostela Cultura conmemora o Día Europeo da Música cunha programación que celebra a diversidade cultural
Do 18 ao 22 de xuño, o Teatro Principal acollerá catro concertos e un espectáculo de danza con música en directo que combinan sonoridades tradicionais e contemporáneas. As entradas e convites están xa á disposición do público na web de Compostela Cultura e no despacho de billetes na Zona C ·Punto de información Cultural e tamén se poderán retirar no despacho de billetes do Teatro o día de cada evento dende unha hora antes do seu inicio.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Centro Xove da Almáciga acolle o Demoday de iniciativas de emprendemento cooperativo no ámbito do márketing dixital
O Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga acolle o próximo xoves o acto de presentación de proxectos participantes na formación "Márketing Dixital e Cooperativismo". O programa formativo, impulsado pola Fundación Paideia coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica, desenvolveuse entre febreiro e xuño coa participación de mozos e mozas menores de 30 anos en situación de desemprego.
CAPITAL CULTURAL
A música contemporánea centra a axenda cultural da fin de semana no Auditorio de Galicia
Como parte das Xornadas de Música Contemporánea, a JONDE ofrecerá entre o venres e o domingo dous concertos de cámara e un para ensemble no que presentará catro estreas absolutas, dúas delas realizadas por encargo específico da orquestra. Todos os recitais son de acceso libre até completar capacidade e irán precedidos dunha sesión comentada a cada programa da man da musicóloga Rosa Fernández