CULTURA

‘Lo real’, intervención de María Castellanos Vicente

16/12/2014

A Zona C continúa a programación de intervencións artísticas coa inauguración da proposta de María Castellanos Vicente neste espazo de uso múltiple. Será esta noite ás 20.00h e contará coa presenza da artista, da concelleira de cultura María Antón Vilasánchez e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou Fernández. María Castellanos obtivo o segundo premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2013, un premio con asignación económica e que...

Leer más

ALCALDIA

Agustín Hernández describe os retos para afrontar o futuro de Compostela na conferencia de clausura dos actos do 125 aniversario da Cámara de Comercio

16/12/2014

O alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, pechou hoxe os actos do 125 aniversario da Cámara de Comercio cunha conferencia na que repasou o pasado da cidade e describiu os retos para afrontar o futuro.

Optimista cara ao futuro de Compostela, Agustín Hernández considera que será preciso afrontar de inmediato o despege da acusada dependencia do sector servizos e camiñar cara ao fortalecemento da actividade empresarial, tanto no relativo ao nivel de produción como á oferta de traballo.

E para...

Leer más

DEPORTES

Máis de 1.000 persoas pecharán o ano polas rúas da cidade na segunda edición da San Silvestre, que nesta ocasión terá como meta a praza do Obradoiro

15/12/2014

A concelleira de Deportes, María Corral, presentou a segunda edición da San Silvestre de Santiago, unha proba que pretender culminar dunha forma sa e festiva o ano atlético na cidade. A carreira celebrarase o mércores 31 de decembro ás 18.00 horas, cun percorrido renovado e máis atractivo: con saída na Porta dos Leóns da Alameda e chegada na Praza do Obradoiro. Espérase a participación de máis de 1000 atletas, superando os 700 da pasada edición.

Leer más

CULTURA

‘3 sopranos, 3 estilos’ no Todo Lírica de 2014

15/12/2014

A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron o programa que traerá o 20 de decembro a Ángeles Blancas con cancións de cabaré e o 28 a Carmen Romeu con canción popular francesa; xa o 3 de xaneiro chegará a copla da man de Mariola Cantarero.

Leer más

SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local de Santiago de Compostela resolve un accidente causado por un vehículo que se deu á fuga

15/12/2014

A Unidade de Atestados da Policía Local de Santiago de Compostela resolveu un accidente con danos materiais causado por un vehículo que se deu á fuga a madrugada do domingo día 7 de decembro. A forte colisión produciuse contra un vehículo estacionado, que como resultado deste impacto desprázase cara a adiante causando danos nunha árbore e impactando contra outro vehículo estacionado.

Leer más

MOVILIDADE

Cortes de tráfico en horario nocturno na SC-20 Avda. Antón Fraguas e Túnel do Hórreo os días 16,17, 18 e 19 de decembro

14/12/2014

Con motivo da realización dos estudos previos necesarios para a execución das obras do túnel de Conxo será necesario levar a cabo cortes de tráfico entre os días 16 e 19 de decembro. Estas restricións serán en horario nocturno co obxectivo de causar a menor afección posible á circulación.

Os estudos consisten sobre todo na realización de catas e medicións sobre o terreo, e son imprescindibles para as obras do túnel de Conxo, que comezarán a partires do 12 de xaneiro. En breves...

Leer más
Compartir: