BENESTAR SOCIAL
O XIII Congreso Nacional sobre a SIDA incidirá na importancia do diagnóstico precoz da infección por VIH
Máis de 1.000 persoas participarán no XIII Congreso Nacional sobre a Sida, organizado pola Sociedade Española Interdisciplinaria sobre a SIDA (SEISIDA) que se celebrará do 16 ao 18 de xuño no Hotel Monumento San Francisco e na Facultade de Medicina. O Concello de Santiago, a través do seu Departamento de Benestar Social, patrocina esta plataforma de diálogo e discusión de todas as persoas implicadas na loita contra a SIDA en España.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica analiza a incidencia das normas de eficiencia enerxética na mellora da competitividade empresarial
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; acompañado do delegado en Galicia de EQA (Europen Quality Assuranse), Javier López, e Andrés Pilas, director de negocio de AMBICAL, presentou a xornada técnica Eficiencia enerxética. A aposta europea pola eficiencia enerxética, a competitividade e o emprego. O encontro celebrarase o 17 de xuño no Centro Social de Caixanova (praza de Cervantes, 17).
ALCALDÍA
O Pío XII celebrou o seu XXV aniversario
O CEIP Pío XII veu celebrando dende o 28 de maio diversas actividades para celebrar o seu XXV aniversario. Para pechar o programa, o colexio acolleu un acto central no que participou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Proxecto Anatole aposta pola calidade dos mercados de proximidade
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; a técnica da Asociación AD ERRA, Rosa Leis; e o secretario da Asociación Terras de Compostela, Roberto Pardal; presentaron a xornada informativa Proxecto Anatole (Atlantic Network’s abilites for tows to organise local economy), que se celebrará o 28 de xuño, ás 17:30 horas, na Fundación Caixa Galicia (rúa do vilar, 19).
ALCALDÍA
O aforro nos orzamentos de 2010 achegarase aos sete millóns de euros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou ao aforro final nos orzamentos ordinarios de 2010 se achegará aos 7 millóns de euros. A novidade das contas, como xa reiterara nunha comparecencia anterior, estará nos capítulos nos que o Concello aforrará dous millóns a maiores dos recortes previstos.
EDUCACIÓN
A celebración na cidade do Día Europeo da Música dá un salto cualitativo grazas a un completo programa de actividades
O 21 de xuño celébrase unha nova edición do Día Europeo da Música. Con este motivo, a Concellería de Educación promoveu un amplo programa de actividades do 16 ao 21 de xuño, o que supón un salto cualitativo nesta celebración respecto de edicións anteriores. Toda a rede de escolas de música de Compostela uniuse a esta iniciativa, que chegará a rúas, parques, prazas e institucións.
CONSORCIO
A Fundación Granell amplía as súas instalacións ata os 2.000 metros cadrados
En obras. Do Pazo de Bendaña á Fundación Granell é o título da exposición que servirá para inaugurar a remodelada sede da Fundación Granell, en Santiago de Compostela logo dos traballos de remodelación e ampliación realizados polo Consorcio de Santiago.
MEDIO AMBIENTE E CIDADE HISTÓRICA
O II Concurso de Balcóns "Flores na cidade" conta xa con 63 inscritos
Aínda que o prazo non remata ata o 30 de xuño, un total de 63 persoas formalizaron xa súa inscrición no II Concurso de Balcóns Flores na cidade, cifra que a estas alturas supón un incremento de case o 7% a respecto da participación total acadada en 2009. As persoas participantes formalizaron a súa inscrición no Centro de Interpretación de Parques e Xardíns da Alameda, onde tamén retiraron plantas, surfinias e xeranios.
ALCALDÍA
Chaves felicita ao alcalde pola "magnífica xestión" dos recursos do Plan E na cidade
O vicepresidente terceiro do Goberno e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, realizou unha visita ao Concello. Con este motivo, fixo balance dos investimentos do Plan E na cidade e visitou algunhas das obras que foron posibles grazas a estes fondos.
MOBILIDADE
A consultora Epypsa sinala o teleférico como a opción máis económica, rápida e singular
Epypsa realizou un informe avalando a idoneidade do teleférico como modo de enlace de Santiago coa Cidade da Cultura. O representante desta consultora independente, experta en desenvolvemento sostible, José María Pérez Lozano, definiu o teleférico como a opción máis económica, rápida e singular. Esta foi a conclusión da mesa "Análise dos modos de transporte público", celebrada no marco das IV Xornadas de Transporte e Mobilidade.