EDUCACIÓN
As escolas infantís de Conxo e Fontiñas abren a convocatoria para os seus obradoiros
A Concellería de Educación pon en marcha os obradoiros das escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas. Están destinados a nenos e nenas de tres a seis anos e desenvolveranse de luns a venres, de 16:00 a 20:00 horas, agás nos períodos vacacionais dos centros, nos que horario pasará a ser de mañá.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Xornadas pola visibilidade da muller na produción cultural galega actual
A Concellería de Participación Cidadá colabora en Que ves cando me ves?, unhas xornadas pola visibilidade da muller na produción cultural galega actual e a reflexión crítica da cidadanía. Desenvólvense do 11 de maio ao 30 de xuño de 2011.
EDUCACIÓN
"Coñecer as Cidades Patrimonio", unha experiencia de aprendizaxe e convivencia para 15 escolares do IES Rosalía de Castro
Xá están de volta en Santiago os 15 alumnos e alumnas de 2º de ESO do IES Rosalía de Castro que representaron á cidade na décima edición do programa Coñecer as Cidades Patrimonio. Primeiro en Ávila e logo en Toledo, cidade organizadora nesta convocatoria, os escolares viviron unha experiencia que cualificaron como única.
BENESTAR SOCIAL
O Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia realizará tamén tarefas de intervención familiar
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, deu conta da licitación por 50.000 euros do Servizo de Atención Domiciliaria e Comunitaria á Infancia. O coñecido popularmente como servizo de canguros, incorporará a partir de agora outra función de intervención familiar, abordando aspectos socioeducativos.
BENESTAR SOCIAL
O Concello destina 70.000 euros a bolsas de comedor escolar para o curso 2011-2012
A Concellería de Benestar Social e Igualdade destinará 70.000 euros á concesión de bolsas de comedor escolar no curso 2011-2012. A convocatoria estará aberta ata o 20 de maio e permitirá a aquelas familias con especiais necesidades acceder a bolsas de importe fixo de 80 euros ao mes.
CULTURA
Curtocircuíto celebra o VI Mercado Internacional de Curtametraxes
O martes 10 comeza o VI Mercado Internacional de Curtametraxes dentro do programa do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, organizado pola Concellería de Cultura e Centros Socioculturais. Son 174 as credenciais tramitadas, das que a meirande parte corresponde a empresas produtoras de curtametraxes, distribuidoras, compradores, profesionais autónomos, prensa e un amplo número de estudantes. Unha videoteca no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) será a sé na que se desenvolva esta actividade.
CULTURA
Curtocircuíto proxecta 44 curtametraxes o domingo e 46 o luns día 9
Con 43 curtas o domingo día 8 e con 46 o luns día 9, continúa a programación da VIII edición do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, que organiza a Concellería de Cultura e Centros Socioculturais.
ALCALDÍA
A Procesión das Cruces reviviu o rito da consagración da Catedral 800 anos despois
A Catedral de Santiago acolleu a celebración litúrxica de conmemoración do 800 Aniversario da basílica compostelá. A chamada Misa da Dedicación comezou co Itinerarium Crucis, unha procesión polas naves da Catedral coa que se recordaba o percorrido feito polo arcebispo Pedro Muñiz en 1211 para bendicir as doce cruces.
INFRAESTRUTURAS
Seiscentos mil euros para unha senda peonil en Son, a reurbanización do entorno do CSC de Marrozos e o vieiro Ponte Albar-Grixoa
O concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, presentou os proxectos de tres obras no rural que sairán a licitación nos vindeiros días e que supoñen un investimento total de 609.424 euros. Trátase dunha senda peonil que unirá o polígono do Tambre e Son de Abaixo, da reurbanización do entorno do centro sociocultural de Marrocos e do vieiro entre Ponte Albar e Grixoa.
EDUCACIÓN
A mostra "Un mundo de posibilidades" ofrece unha ollada ao traballo artístico desenvolvido nas escolas infantís
Inaugurouse a exposición Un mundo de posibilidades na Fundación Gonzalo Torrente Ballester (rúa do Vilar, 13). Trátase dunha mostra colectiva froito do proxecto de arte na Rede Municipal de Escolas Infantís, promovido pola Concellería de Educación en colaboración co artista plástico Xesús Carballido.