BARRIOS E OBRAS

O luns arranca a segunda fase do lote 1 do plan de asfaltado, que afectará a 13 rúas da zona urbana

08/07/2022

O luns, 11 de xullo, comezarán as actuacións da segunda fase do "Lote 1 de pavimentos asfálticos" en zona urbana, que forman parte do mantemento de viarios municipais que está levando a cabo a concellaría de Barrios e Obras, en colaboración cos departamentos de Urbanismo e de Tráfico. Segundo explicou o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, actuarase sobre 13 viais que suman 3.009 metros cadrados; cun investimento de 111.220,48 euros; o que da un custe de 36,96 euros por metro cadrado.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde visita os Parques de Sintra - Monte da Lua, certificados como experiencia singular de xestións forestal responsable

08/07/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en compañía de responsables de FSC (Forest Stewardship Council) España e Portugal, visitou os parques da cidade portuguesa de Sintra. Os responsables da empresa pública Parques de Sintra – Monte da Lua, S.A., explicaron á delegación de Santiago detalles sobre a conservación da biodiversidade dos montes urbanos de Sintra, en canto que experiencia singular de xestión forestal responsable acreditada coa certificación FSC.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Roteiro Cooperativo, unha maneira diferente de achegarse á economía social

07/07/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado de Ana Olveira, presidenta de EspazoCoop, presentou esta mañá o proxecto Roteiro Cooperativo, unha iniciativa que pretende dar a coñecer o traballo das cooperativas da cidade a través de 4 quendas organizadas nos meses de xullo, setembro e novembro

Leer más

FESTAS

As festas do Apóstolo 2022 arrancan o xoves 21 de xullo co pregón a cargo do actor Tamar Novas

07/07/2022

O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou esta mañá o programa das Festas do Apóstolo, que arrancan o vindeiro xoves 21 de xullo cun pregón a cargo do actor compostelán Tamar Novas. Calexico, the New York Ska-Jazz Ensemble, Rocío Márquez e Bronquio, Calexico, Herdeiros da Crus, Jenny and the Mexicats, son algúns dos artistas que encherán de boa música as prazas da cidade. Cine ao aire libre, música tradicional, circo, cabezudos…e por suposto os tradicionais espectáculos...

Leer más

TURISMO

Turismo de Santiago participa na Primeira Xornada de Conectividade Aérea Turespaña-Aena

06/07/2022

A entidade de promoción turística municipal participou en Valencia na "Primeira Xornada de Conectividade Aérea, organizada conxuntamente por Turespaña e Aena, destinada exclusivamente a destinos turísticos, polo que se trata dunha xornada profesional destinada a un público moi específico. O obxetivo é fomentar o desenvolvemento da conectividade aéra internacional tras o Covid e coordinar mensaxes precisos de forma unificada e eficaz.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a licitación da actuación do grupo Calexico nas Festas do Apóstolo

06/07/2022

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a licitación da actuación musical de Calexico o día 23 de xullo durante as festas do Apóstolo 2022 e autorizar o gasto total por importe de 42.350 euros. A escolla deste grupo faise procurando a presenza dun grupo internacional con prestixio, unha ampla repercusión musical e un importante número de seguidores en Galicia.

Leer más
Compartir: