ALCALDÍA E MOBILIDADE

O Concello e Cogami asinan un protocolo para mellorar a accesibilidade en Santiago

21/09/2016

O Concello de Santiago e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade asinaron hoxe un convenio de colaboración que ten como obxectivo mellorar a accesibilidade universal das instalacións e servizos dependentes da administración municipal. O texto foi subscrito polo alcalde, Martiño Noriega, e polo presidente de Cogami, Anxo Queiruga.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Un total de 65 curtametraxes de 19 países competirá na XIII edición de Curtocircuíto

20/09/2016

Curtocircuíto, Festival Internacional de Cine, deu hoxe a coñecer os detalles da súa próxima edición, que se celebrará en Compostela entre os días 3 e 9 de outubro. Foi nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o director de Agadic, Jacobo Sutil; e o director do festival, Pela del Álamo.

Leer más

CONSORCIO

Catro solistas noveis de Galicia tocarán coa Real Filharmonía xunto con outros/as de Países Baixos, Rusia e Estados Unidos

20/09/2016

O VI Festival Internacional Peregrinos Musicais, cuxa finalidade é apoiar a novos talentos galegos, clausúrase este venres, 23 de setembro, cun concerto coa Real Filharmonía de Galicia (RFG). A orquestra, dirixida nesta ocasión polo seu director asociado, o mestre compostelán Maximino Zumalave, acompañará a músicos/as noveis de Galicia e tamén procedentes dos Países Baixos, Rusia e Estados Unidos. A cita terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia.

Leer más

CONSORCIO

A Escola de Altos Estudos Musicais logra cubrir todas as prazas ofertadas para o curso de posgrao de especialización orquestral

19/09/2016

O Curso Avanzado de Especialización Orquestral tivo esta fin de semana as súas probas para cubrir cinco prazas (tres de violín e dúas de viola) que quedaran vacantes na convocatoria do mes de xuño. Cubríronse as 18 prazas ofertadas para este curso académico, que permitirán aos admitidos e admitidas realizar prácticas tocando en concertos coa Real Filharmonía de Galicia.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde reivindica o Camiño Primitivo no pregón das festas de Oviedo

17/09/2016

O alcalde de Santiago foi o encargado de pronuncia onte o pregón co que comezaron as festas de San Mateo, en Oviedo. Martiño Noriega fora invitado no pasado mes de xaneiro, durante a visita que realizara a Compostela o concelleiro de Cultura de Oviedo para explorar vías de colaboración para poñer en valor o Camiño Primitivo.

Leer más
Compartir: