ALCALDÍA
O Museo Casa da Troia reabre as súas portas
O Museo Casa da Troia reabre as súas portas ao público grazas á colaboración do Concello, a Universidade de Santiago e a Xunta de Galicia. Logo de dous anos pechado, o museo inicia unha nova andaina con dúas xornadas de portas abertas.
MEDIO AMBIENTE
Unha nova guía de peto dá a coñecer o parque de Brandía
O parque de Brandía conta xa cunha guía propia que o dará a coñecer dun xeito máis detallado entre toda a veciñanza de Compostela. Esta nova publicación correspondese co terceiro volume da colección de pequenas guías de peto dos parques de Compostela e foi presentada no Centro Sociocultural de Vidán pola concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, e José Antonio Mosquera, xefe do Departamento de Parques e Xardíns.
ALCALDÍA
Encontro cos estudantes brasileiros dos Cursos Internacionais da USC
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, recibiu en Raxoi os estudantes brasileiros dos Cursos Internacionais da Universidade de Santiago.
FESTAS
O Apóstolo comeza co pregón de Yolanda Castaño e Jorge Mira e a música de Melendi
As Festas do Apóstolo 2010 comezan este venres coa habitual lectura do pregón de inicio de festas. Este ano, a velada comezará ás 21:30 horas, con vídeos musicais e a actuación, ás 22:00 horas, do grupo vigués Martynez.
ALCALDÍA
Mercagalicia obtén un beneficio de 42.400 euros no primeiro semestre
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Administración de Mercagalicia no que se aprobou o resumo semestral das contas, cun beneficio de 42.400 euros a 30 de xuño.
MEDIO AMBIENTE E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de solicitude de inscrición no campamento xuvenil de "Vive o verán"
O xoves 15 de xullo ábrese o prazo de solicitude de inscrición no Campamento Xuvenil de Vive o verán, programa organizado polas concellerías de Medio Ambiente e de Cultura e Centros Socioculturais.
DEPORTES
O Triatlón Arcade Inforhouse segue sumando éxitos para o deporte compostelán
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi os integrantes do Club Triatlón Arcade Inforhouse, que veñen de proclamarse campións da Liga Nacional de Clubs.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello impón varias penalizacións por retrasos nas obras
A Xunta de Goberno acordou impoñer tres penalizacións por retrasos en varias obras imputables ás empresas adxudicatarias das mesmas. As obras afectadas son as da rúa Campo das Hortas, rúa da Trindade e calzada de San Pedro. En total, as penalizacións suman un total de 38.362 euros.
URBANISMO
A modificación do Plan Parcial do Polígono Industrial do Tambre dará resposta ás actuais necesidades desta área
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, explicou en rolda de prensa a modificación do Plan Parcial do Polígono Industrial do Tambre, aprobada en Xunta de Goberno. O cambio ten como obxectivo a adaptación da normativa urbanística ás novas esixencias das actividades económicas e produtivas.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Entrega de diplomas aos participantes no curso Aulas no Camiño
O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, e o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, recibiron no Salón Nobre os participantes nas Aulas no Camiño, organizadas pola Facultade de Humanidades de Ferrol. Os alumnos e alumnas recibiron tamén os seus diplomas.